Alcoa e a Xunta sabían desde febreiro de 2025 que o perigo dos residuos da planta de aluminio en Lugo se multiplica cando se seca
Un informe de hai ano e medio en cuxo deseño participaron técnicos da Xunta advertiu de que se os lodos contaminados se convertían en po roxo emitiríanse á atmosfera partículas carcinóxenas.
Que pasa cando os lumes non se apagan no inverno? Bombeiros e axentes forestais de Galicia alertan da falta de medios e medidas preventivas
Advirten de que o dispositivo afronta a campaña de alto risco sen corrixir as carencias que quedaron ao descuberto tras os incendios de 2025, que arrasaron aldeas enteiras en Ourense.
Veciños e ecoloxistas alertan dun novo episodio de po vermello tóxico procedente do depósito de residuos de Alcoa en Lugo
A empresa sostén que a instalación cumpre a normativa e que non existe risco para a poboación mentres a Xunta evita pronunciarse sobre as medidas necesarias para protexer a saúde dos veciños e o medio ambiente.
Galicia dedica o Día das Letras de 2027 a Xosé Neira Vilas, a voz dunha xeración marcada pola migración e a pobreza rural
A Real Academia Galega renderá tributo o 17 de maio ao autor de «Memorias dun neno labrego», quen converteu a infancia rural, a pobreza e a diáspora nunha das obras máis lidas da literatura galega
Marchamos de vacacións!
Por primeira vez na historia do podcast temos a decencia de non desaparecer sen dicir nada. Facemos este episodio curto para contar que descansamos ata agosto e xa de paso mandarvos deberes para o verán:…
Alerta vermella por cianobacterias no encoro ourensán intoxicado polas macrogranxas un ano despois da condena á Xunta
As microalgas tóxicas esténdense polo río Limia mentres veciños e ecoloxistas denuncian que as autoridades seguen sen tomar medidas de protección nin informar a poboación do perigo para a saúde.
«Usted debería saber»: o ensaio de Manuel Monge que rastrexa a herdanza franquista da democracia española
A última obra do sociólogo e historiador coruñés cuestiona os consensos da Transición e sitúa o franquismo como elemento constitutivo e non superado do sistema político español.
O BNG activa a súa maquinaria electoral para converter as municipais na primeira batalla do seu camiño cara á Xunta
A formación de Ana Pontón quere aproveitar o seu mellor ciclo electoral en décadas para reforzar a súa presenza nos concellos e preparar o salto definitivo á Xunta en 2028.
Bañistas e piragüistas seguen utilizando o encoro das Conchas, contaminado por cianobacterias, sen que ninguén lles advirta o perigo que corren
Os veciños das Conchas (Ourense) denuncian que nin a Xunta nin os concellos alertaron a poboación do risco para a saúde malia que a contaminación por microalgas tóxicas leva tres días en nivel amarelo.
LUZES 108 DISPOÑIBLE!
PUBLICÍTATE EN LUZES
Luzes de posición
- Feed has no items.
















