Novas
Tres asociacións piden que o antigo cárcere de Ourense sexa lugar de memoria para impedir o plan de Jácome de convertelo en parador
Reclaman ao Estado que protexa o edificio, pechado desde 1987, onde foron recluídos e posteriormente asasinados republicanos, galeguistas, socialistas, comunistas e sindicalistas durante a ditadura franquista.
As traballadoras da tele autonómica de Galicia chaman a unha nova mobilización contra a manipulación dos medios públicos
O comité de empresa acusa á dirección da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia de reducir a produción propia, externalizar programas e usar os informativos para reproducir o argumentario do PP
Esquecemento ou memoria: a resignificación do pazo de Meirás enfronta memorialistas e pardobazanistas
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña recorre a resolución do Goberno e considera que ningunea a historia de represión, espolio e resistencia que converteu o inmoble nun símbolo antifranquista.
Secar un río para regar un campo de golf na Toxa: unha represa bloqueou o caudal do Umia e ameaza con contaminar as súas augas
A estrutura, autorizada pola Xunta para evitar a salinización da captación de auga potable da illa, dificulta o paso dos peixes e ameaza con eutrofizar as augas do río
O misterio do polbo: Galicia perde capturas mentres o sur do Reino Unido vive unha explosión histórica
A frota británica bate récords inusuais de capturas do cefalópodo mentres Galicia encadea campañas á baixa.
O Sergas comunica por móbil aos pacientes canto custa a súa asistencia médica pero non cando serán atendidos
O Servizo Galego de Saúde incorpora á súa app o custo de consultas, probas e tratamentos mentres mantén sen data as citas pendentes e sen actualizar as listas de espera deste ano.
O maior hospital privado de Galicia dispara os seus beneficios despois de asinar un acordo coa Xunta que lle garante máis de 97 millóns ao ano
Povisa, que atende máis de 100.000 beneficiarios da sanidade pública, gañou 7,4 millóns de euros en 2025 cun concerto que eleva un 17% o seu financiamento a pesar da perda continuada de pacientes.
Carlos Lago, o enxeñeiro republicano que axudou a derrotar o nazismo e ao que Franco espoliou unha leira en Meirás
Unha investigación de José Luis Couceiro Vicos rescata do esquecemento a vida de Carlos Lago Couceiro, enxeñeiro naval republicano exiliado en Londres que combateu o fascismo desde a Francia Libre.
O Estado oculta o custo das vacacións da familia real en Marivent
Medio século despois da cesión do pazo a Juan Carlos e Sofía contra a vontade dos herdeiros do seu propietario, a Zarzuela e o Govern agochan o gasto que supón a estadía de Felipe VI en Mallorca.












