A tribo

San Simón, Lugar da Memoria: entre o terror e a beleza

Le aquí a intervención de Manuel Rivas no acto de declaración de San Simón como Lugar da Memoria: «A memoria, a memoria activa, a memoria democrática, a memoria fértil, responde a unha excitación creativa fronte á excitación destrutiva».

A alternativa de despavimentar e renaturalizar

É inquedante que dende a Xunta se fale de facer máis encoros, cando o que cómpre facer é protexer de verdade os mananciais, regatos e ríos, que están a desaparecer desecados pola masa forestal do partido único do eucalipto.

Maricarmen e o Supremo

É unha aberración que o Supremo basee as súas sentenzas «democráticas» en leis discriminatorias que lles quitaron todos os dereitos ás mulleres.

A propósito de Asturies

Non sei como a avoa Josefa puido ler en min o «xen queer» dende tan cedo. Cando me vía xogar coma un neno, insultábame con toda unha restra de vocabulario castelán con matiz cubano arxentino. Estes días, ao ler sobre a malleira LGTBIfóbica en Asturies, acordeime dela.

Beirut, o gran teatro do mundo

Un percorrido pola capital libanesa, escenario mediterráneo e intenso no que se dan todos os aspectos da condición humana ata a esaxeración. Retratos da súa cultura contemporánea recollidos nesta reportaxe do 2019, agora dispoñible en aberto.

Dúas e dúas non son cinco

Unha cousa é estar contra o evolucionismo e outra moi diferente levar á práctica unha especie de lei de involución das especies políticas. As especies involucionistas fixéronse co poder, digamos, necropolítico en gran parte do mundo. E en contra da biopolítica.

O mundo non pode ser unha colonia do tecnocesarismo

Se a síndrome contemporánea é o FOMO, Fear of Missing Out, o medo a ficar fóra, pois hai que ir pensando que é un bo lugar. O ficar fóra.

Fútbol e esoterismo

A final non só enfrontaba dúas seleccións nacionais. Enfrontaba dous egregores que son dous proxectos de control do mundo. O Mundial, daquela, era un xogo no que medir as súas forzas. 

Hipocricracia

O cordón vermello do PPE a un deputado esloveno non é máis ca un titular baleiro. Pola mesma regra, todos os deputados do PP de Feijóo tamén deberían ser expulsados do civilizado grupo. Pero non é o mesmo meter a España que a Eslovenia no exemplarizante titular.

He’s coming home

Tralos partidos da selección belga, as cifras de violencia machista e os intentos de feminicidio soben considerablemente e, coma no caso inglés, «el resultado nos da igual»: o incremento dáse gañen, empaten ou perdan.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail