Antía Paz
Non perder a esperanza
Cando penso nela, vénseme inevitablemente un triste xogo de palabras. Penso en perder a Esperanza, como se perdeu ela, coma unha idea palpable, como unha dor moi concreta. Coma un sopapo da realidade impoñéndose sobre o que desexarías que non acontecese.
Fratelli Fascisti
Chamémoslle fascismo. Perdamos o medo a sinalalo como o que é porque suavizar a realidade, reinterpretala, retorcela ata que asuste menos, non vai evitar que aconteza.
Señoras que len
Antes de comezar, aviso: A de hoxe é unha peza persoal e estival, que tamén teño dereito a vacacións. Se queren outro tipo de contidos, recomendo Como ser a vítima perfecta, de Malva.
Onde bailarán as nenas?
Tiña Molotov, banda mexicana da miña adolescencia pola que o tempo (e o feminismo) pasaron francamente mal, un disco chamado «¿Dónde jugarán las niñas?». A portada era infame, pero a pregunta... a pregunta volveume á cabeza estes días, falando coas miñas amigas sobre saír de noite.
Purilla
A señora Pura, «Purilla» para os seus catro netos, é a miña avoa de Tirán. Purilla, coma tantas outras mulleres da súa quinta, acabaría por cruzar a ría para vivir e traballar en Vigo, forzada pola necesidade de sacar a familia adiante.
A escola pública e a gaticornia
Para min, sen dúbida, o acontecemento que marca este curso por riba de calquera outro é a culminación con éxito do proceso de castelanización da miña filla. Acabáronse as cores vermella e amarela, os cadeliños e as ovellas. Agora todo é «rojo», «amarillo», «un perro», «una oveja» e o galego…