Pablo L. Orosa
Finis solis: o camiño tras do último solpor de Europa (continental)
O finis solis, a postal perfecta para as contas de Instagram, é só unha ilusión. O sol que vemos deitarse fronte ao Atlántico, de Galicia a Noruega, en realidade xa non está alí. Hai oito minutos que marchou.
Todo o que conta de nós o embarque prioritario dun aeroporto
Había ata agora varios lugares dos que admiraba o seu potencial igualador. E ningún deles ten que ver coa Constitución. Máis ben falaba de camposantos e aeroportos. Excepción feita desas criaturas celestiais que son as tripulacións, aeroportos e cemiterios son deses poucos lugares nos que o tempo mide igual para…
A ditadura dos números (II)
Levo un tempo no que todos os debates cos meus colegas rematan igual: cunha tapa de tortilla (si, a de Pontejos é a mellor da Coruña mentres alguén non demostre o contrario) e unha frase lapidaria. «Pois iso é o que din os datos». Debe ser a nosa particular versión…
O tempo na ditadura dos números (I)
Dun tempo a esta parte (nótese o non-lugar no que vivimos os que non usamos reloxo) teño a sensación de que a ditadura dos números volveuse se cabe máis violenta. Con ese tipo de violencia simbólica da que tanto gustan os ditadores desta época. Porque se ben sempre estivo aí,…
O Gran Rexeitamento
A esta alturas xa escoitarían todos os análises posibles. Os do No Pasarán e os de esos chicos de los que usted me habla no son fascistas, son derecha desencantada. Así que nestas liñas non imos falar de significados senón de significantes. Diso que mencionaba Borges nos primeiros versos de…
Distintas formas de achegarse ao galego
Os que coñecedes a revista matriz (e os que non xa estades tardando en subscribirvos) sabedes que en Luzes gustamos dunha sección, con pasaporte e todo, chamada «O Pobo Elixido». Historias de persoas que chegaron a Galicia e que souberon mirala. Músicos, cociñeiros, xornalistas… Algúns falan galego e outros non.…
Madrileños de Madrid tratade ben aos galegos (e lede as súas tarxetas sanitarias)
Se ides en tren a Segovia non vos estrañedes se vai cheo de galegos. Tampouco se, por esas cousas que ten a vida, subides ao autobús 182 en Plaza Castilla cara Casar de Talamanca. Se preguntades seguro que viaxa con vós algún galego ou conciudadano -sen segundas- das outras 16…
As vidas descosidas da roupa que vestimos
Sorn Nita camiña descompasada, case a golpes, coma se o seu corpo, esgotado de tanto arrastrar arriba e abaixo na máquina de coser, se rebelase contra o que está por vir. Outro día máis de traballo, como todos dende que cumpriu 13 anos, nas fábricas de Phnom Penh. A ela…
Luis Emilio Batallán: os vellos (médicos) non deberían xubilarse
Cando en Moraña souberon que marchaba, non deixaban de paralo pola rúa. ‘Vostede déixanos, don Luis’. “E eu canseime de dicir, “non, non son eu, bótanme”, relata estes días a quen queira escoitar o propio Emilio Batallán. Don Luis para os doentes de Moraña. O cantante de Quen puidera namorala…
O día en que me convertín no vello que prometín que nunca sería
Non era o primeiro aviso. Na carnizaría xa me cederan o paso. Incluso me chamaran señor. Pero non lle din máis importancia. Cousas de rapaces. Empeceime a preocupar ao decatarme de que Iniesta, que é case da miña quinta, marchaba xogar ao Xapón. Fun buscar a Guía Marca, pero como…