PODCAST

A mitoloxía realista

Neste episodio de Malva e Duarte poderedes comprobar que Duarte ten un novo gusto por contar dúas historias: a que nunca foi e a que acabou sendo. Esta semana falamos de criaturas fantásticas dende un punto “científico” a través dun libro con vampiros e un documental de sereas.

Malva e Duarte falan de Avatar: The Last Airbender!

Chegou o momento de comprobar se fixéchedes a tarefa de verán, ver Avatar: The Last Airbender! Esta semana retomamos a idea de falar sobre a serie de Nickelodeon, repasando a trama, as personaxes e as opinións (enganadas) da comunidade. PD: prometemos non falar moito da secuela nin da película pero…

Aquí estamos outra vez

Mellor tarde que nunca! Malva e Duarte volven para falar dunha señora que fixo o que lle deu a gana toda a vida. Por que volvemos tan tarde? Por unha vez, un agosto moi intenso non para Malva e Duarte, senón para Raquel, editora e sobriña do podcast. Rogamos respecten…

CTL80. Especiais MIT: María Roja, La Volátil (con actrices de Ribadavia)

A actriz galega María Roja encarna a Jérôme Bel nesta última edición da MIT, esvaecendo as fronteiras entre arte e interpretación, entre performance e arquivo. Ribadavia 26 é o resultado escénico do traballo da Volátil no marco da MIT e Ribadavia durante 2 anos.

CTL79. Especiais MIT: Paula Carballeira, Marián Bañobre, Santi Cortegoso.

Neste episodio, temos con nós á recente Premio de Honra da MIT, á fenesa Paula Carballeira. Tamén nos acompañan a compañía Ibuprofeno Teatro, que chegan a Ribadavia co seu novo espectáculo, Bio Construción.

CTL 78. Especiais MIT: Cuatro por cuatro, Alba Fernández Cotelo e Aitor Basauri.

Despois dunha longa pausa dedicada a fortalecer o corpo de funcionarios cunha nova incorporación, regresa Cultura a Todas Luzes. E como xa vén sendo tradición... Volvemos á MIT!

Marchamos de vacacións!

Por primeira vez na historia do podcast temos a decencia de non desaparecer sen dicir nada. Facemos este episodio curto para contar que descansamos ata agosto e xa de paso mandarvos deberes para o verán: ver Off Campus e Avatar: The Last Airbender.

Malva e Duarte queren moito a moita xente

As tanxentes son coma unha caixa de bombóns, nunca sabes o que vai tocar. E sendo fieis a iso, esta semana o tema acabou sendo querer, polo que falamos das formas de expresar amor, de ter detalles ca xente que aprecias e, como persoas que xa está rozando os 30,…

O regreso de Duarte (e dos aliens)

Nesta ocasión detémonos nas posibilidades de contactar con vida extraterrestre a través das teorías da ciencia ficción, tratando de dar resposta á Paradoxa de Fermi e explorando a hipótese do Bosque Escuro.

Malva e Mario falan de tanxentes

Esta semana, o convidado repetidor e lexendario Youtuber Olaxonmario acompaña a Malva en substitución do opositor Duarte para falar de corpos, de ser nenos de aldea e de relacións tóxicas.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail