Marta Otero Mayán

«Xornanismo»

O «xornanismo» comeza moito antes da publicación da peza, xa na escolla do tema. A pulsión «xornanista» adivíñase no ollar refulxente do informador cando cae nas súas mans unha realidade o suficientemente escabrosa, dolorosa e dura como para que pague a pena contala.

Virtudes (e Mercedes)

O que eu non sabía cando arribei á «chave do Caribe» era que o relato familiar de Xesús Fraga viaxaba comigo só con pasaxe de ida, e que o seu sino era pasar a formar parte vitalicia da biblioteca persoal de Mercedes.

Tras a tremoia do hotel

As camareiras de piso, popularmente coñecidas como kellys, apócope de «as que limpan», exercen diariamente un labor silencioso, discreto e invisible polos corredores dos hoteis. Arrastran camas, limpan baños, aspiran alfombras, recollen os refugallos máis indignos dos desconsiderados. No proceso deixan as costas, as forzas, a saúde e máis tempo do…

O legado de Feijóo: un consenso difuso

O actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda, adiantou para os anos vindeiros unha continuidade a todo o feito e andado nos trece anos de xestión conservadora con Alberto Núñez Feijóo á cabeza. Catro maiorías absolutas que o xa expresidente e o seu sucesor no cargo presentan como o seu mellor…

Feo, facha, Ferrol

Convido a tomar asento a todos e todas as que premeron nesta ligazón pensando que ían atopar aquí algo diferente. A este sempre agradecido espazo viñemos hoxe falar de Ferrol, a máis deostada das urbes galegas.

A clase obreira vai a Benidorm

Chega o verán e chegan os pau «selfies», os sotaques europeos do norte e os «freetours» comandados por paraugas amarelos facendo súas as rúas das cidades e das nosas vilas. Chega o turismo masivo, e chega, case da man, tamén a turismofobia.

Loitar o pan, gozar do circo

De todos os latinismos pedantes que adoitan empregar os que buscan parecer mais listos ca min, a locución latina panem et circenses, pan e circo, é, sen dúbida, a que se me antolla máis insoportable. Un latinorio cuspido sempre dende arriba cara abaixo, e que, como a maioría dos improperios,…

Once upon a time na Coruña

Pasou no comezo dos tempos. Cando ata pouca rivalidade fútbolística había: o Deportivo levaba anos empantanado en 2ª, o Celta subía e baixaba de categoría cada ano e ao Compos nin se lle esperaba. Pero se hai ganas de rifar, nunca faltan motivos. A decisión de fixar a capital administrativa…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail