Isto non é unha pipa

Rumores

A nosa conversa cotiá está sementada de afirmacións non probadas. Chegan a ser rumores cando teñen éxito na súa difusión como se fosen verdade. Canto máis ambiguos son, máis difícil refutalos e descartalos.

Cisma!

O feminismo, dicía Angela Davis, é a idea radical de que as mulleres somos persoas. Unha idea simple que o cambia todo, que está a ser o motor de transformación social máis potente no último século.

As cinco falacias

En democracia, o único xeito de evitar que a extrema dereita ocupe as institucións é non permitir polos votos que definan o NÓS, os elementos da identidade colectiva que nos unen como sociedade.

A pena e a ira

Alegría, pena, ira, noxo e medo son instrumentos que podemos aprender a identificar e manexar: unha vida mentalmente saudable e feliz acadase combinando equilibradamente as cinco emocións.

Comedores escolares

O acceso gratuíto e universal ao comedor escolar supón unha ferramenta clave de inclusión ao garantir polo menos unha comida sa por día lectivo para a infancia máis vulnerable.

O dereito penal do inimigo

En contraposición do «dereito penal do cidadán», xorde e está a medrar «o dereito penal do inimigo», que establece excepcións aos dereitos de determinadas persoas cando as consideramos socialmente inimigas do Estado.

Cohousing, sálvese quen poida!

Están medrando unha serie de iniciativas cívicas, baixo a etiqueta cohousing, que agrupan en formas diversas de asociación persoas que planifican a autoxestión da súa vellez e dependencia, buscando evitar as residencias

Alberto e o lobo

Segundo o último barómetro do CIS, mentres ao 63,2% das persoas preguntadas a súa situación económica lle parece boa, a de España parécelles mala ao 47,9% e moi mala ao 22,4%.

Non debería pasar

Un ano máis, e xa é un clásico, a campaña da Xunta do 25N está cargada de polémica. A unha crítica xeralizada por parte do movemento feminista e da oposición, o presidente Alfonso Rueda resposta, un clásico tamén, cuestionando os motivos que esas organizacións e persoas teñen para criticalo.

Eufemismos neoliberais

Explicábase hai uns días Ayuso: cambio climático houbo sempre, non hai para tanto barullo, xa iremos resolvendo. O negacionismo reinterpretando o eufemismo. Cando adozamos deste xeito a realidade a quen evitamos molestar?

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail