Cabeza de turco

A incomparecencia do público

O neoliberalismo que traballa detrás do veludo converteu o público en organismo incomparecente: sen axudas, sen financiación, infindos tempos de espera e, no último lugar, o risco da morte.

Cartografía dun novo mundo: A Coruña das Casares Quiroga

A Coruña de entre 1880 e 1955 é a cidade-bisagra do progreso, do modernismo e do contacto co mar, mais tamén do ebulir e da forza dun proletariado en auxe. Imaxinamos ás Casares Quiroga, habitantes prodixiosas dunha urbe que quería ser tamén prodixiosa, con calidade democrática de vida e, aínda…

O pé cambiado

Que ironía, aquelas ideas xermoladas nos 1980 como «valedoras da democracia» andan a dicirlle á democracia que, de non saír elas, antes perder a democracia que perder o poder.

Falando coa miña avoa

Ese medo da doutrina liberal é tamén o medo que ve miña avoa todos os días pola televisión. Medo á okupación. Á inmigración. A Cataluña. Incluso ás caídas de infraestruturas nos lindes entre Galicia e Asturias. A política do medo deulle medo á miña avoa, tan social, tan cristiá. 

Un taxi baleiro

Escápaseme, porén, Rueda. Imaxinen que ese home se dirixe, como ocorría aquel día, hai non moito, cara a unha concentración que berra o seu nome. Pero na concentración non hai náuticos, non hai camisas fóra dos pantalóns e pulseiras da bandeira de España. Hai bandeiras da CNT, protesta e ruído,…

Lugares en común

Durante algúns anos dos meus estudos na universidade fixen uso cotián do tren. Recoñeces o funcionariado, os ocasionais, os outros estudantes e os turistas. E velaquí o máis fermoso do tren: a posibilidade de falar.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail