Dores Tembrás

Procesos creativos. Entre alta cociña e alta literatura

Que teñen en común un chef e un poeta? Son parellos os procesos creativos? Podemos establecer unha metodoloxía e documentala? Na procura de respostas reuninme con varios chefs Estrela Michelin: Iván Domínguez (Alborada/NaDo), Luis Veira e Iria Espinosa (Árbore da Veira) e Javier Olleros (Culler de Pau). Foi sinxelo pensar…

A elegancia en patinete. Luz Pozo

Para escribir estas liñas volvo a Códice Calixtino, alenta nel a descuberta feita aos dezasete anos. Moito me acompañou aquel libro branco cunha árbore esguía na capa. A tipografía do título turquesa na edición de Sotelo Blanco dos noventa. Non sería ata o 2008 que a coñecería en persoa. Dúas…

Adolescencias

«Se tiveras que escoller unha única palabra, só unha, non valen as grandes palabras, (Cfr. Wislawa Szymborska), esa palabra que te atravesa, coa que mantés unha relación única, pode ser lugar, persoa, obxecto, experiencia… Hoxe pídoche esa palabra, gustaríame que escribiras, que a compartiras, que a entregaras. Sei que pido…

Maternidades

Non sei se algunha vez vos preguntastes de onde vén a palabra. A orixe máis próxima está en matrem (mater-matris). A palabra máis achegada en morfoloxía e significado atopase en matrix, matriz, ao que se lle suman en latín os significados de nai e femia. E de aí tamén agroma…

Normalidades

Normalidade é unha palabra do cotiá, que sentimos preto, que dá seguridade e usamos coa mesma confianza que o xabrón de mans. Foi por mor dunha conferencia de Raúl Zurita que vin hai unhas semanas «Poesía, paisaje y pasión». Descubriume algo que xa intuía. A finais do S. XVIII, grazas…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail