Fotos: Kiko Delgado
Os libros son tesouros de infancias e María Canosa sábeo. É un dos nomes referentes dos andeis dos pequerrechos, esa época da vida no que nada e á vez todo ten importancia. A súa ampla obra
con títulos como Muriel (2017), co que gañou o Premio Merlín 2017, faina visitar moitas escolas para presentar as súas historias. Vive en primeira man o galego alleo para a rapazada e recoñece que moitas veces sae dos centros desgustada, pero non perde a esperanza e confía naquelas persoas que aínda sosteñen a vida galega das nosas avoas -as que o termaron todo, dende sempre-.
Canosa foi guionista de programas de televisión e particiou como experta no célebre Cifras e letras, despois no concurso Verbas van e agora en Coma un allo. Dalgunhas das súas obras xéronse tamén adaptacións teatrais e acumula varios libros de narrativa, ensaio, divulgación e poesía. Foi tertuliana e colabora con medios escritos. Confesa que a protagonista do seu último libro, Saínza, conquistouna con só vela nunha ilustración do autor Cristian F. Caruncho. En realidade, tampouco era dí cil: é a nena pilla de pelo rebelde que non achanta ante o abusón que leva unha pulseira coa bandeira de España. A quen non lle vai gustar? Saínza combate aos malos coa pandereita na man.
María Canosa escribe, escribe e escribe. É unha intelectual coa que é moi fácil conversar, unha defensora das relacións humanas máis puras e do dereito a ser como nós queiramos ser. Autora da biografía Emilia Pardo Bazán: unha mente poderosa (2021) e culpable de fomentar ás mulleres máis perigosas. As que len dende nenas.
Como xurdiu Saínza. A punkiereteira? Jose, a alma da editorial Costureira, coñecía a Cristian F. Caruncho, o ilustrador, e parecíalle que compartiamos certos valores. Un día quedamos e pensei que podiamos conxeniar e traballar xuntos. Descubrín un debuxo dunha rapaza que formaba parte dun cartel de música que Cristian xera para un evento e namoreime dela. Pareceume que podía ser unha protagonista marabillosa. Cristian díxome que tiñamos que falalo, porque el xera a ilustración baseándose nun grupo de música dunhas amigas que empregaban máis ou menos esa vestimenta: as Punkiereteiras, nas que nos inspiramos e xemos unha historia. Eu empecei a traballar nun texto completamente inventado e tiven moi claro que se tiña que chamar Saínza. Así naceu o xermolo da historia. Jose díxonos que quería editalo bonito, que fose un obxecto fermoso.
E así foi. Que viches nesa ilustración de Cristian que tanto che evocou? Vin a unha nena que combinaba tradición e modernidade e que parecía que tiña moitísima forza pola súa maneira de mirar: directa, clara, cunha actitude de liberdade e seguridade. Unha rapaza que é diferente, porque ten unha roupa diferente que a que vemos hoxe en día nas rapazas, unha nena carismática cunha personalidade propia. Non sei moi ben que doses de actitudes ten no seu conxunto, pero transmitíame moitas cousas. Como se tivese moi claro o solo no que está apoiada e o que fai erguela. Esa seguridade que amosaba é de «sei de onde veño e sei a onde me quero impulsar». A posición do seu corpo. Ten certa dozura, non é para nada unha ilustración arisca que che rete.
A todas nos gustaría ser na escola unha Saínza. Ou unha amiga de Saínza que nos abrise o camiño. Porque ás veces non todas temos ese arranque, ese ímpeto inicial, pero si que somos capaces de seguir a alguén, entón creo que a idea era ter un referente. Que os rapaces e as rapazas desa idade teñan un referente en Saínza, unha rapaza diferente pero que arrastre. Claro, para min é marabilloso cando algunhas lectoras me din, «xa me gustaría a min ter lido de pequena este libro», ou «eu fun a Saínza» ou «non fun capaz de selo». Para min que se cheguen a identi car coa personaxe ou cos sentimentos que ela vive ao longo da historia é do máis bonito que me pode pasar. O obxectivo que buscabamos está cumprido. Saínza é fácil de admirar.
As amizades salvan persoas. É un tema moi recorrente na túa obra. É algo consciente que busco moito. Creo que debemos ensinarlles aos máis novos e novas que tecer redes é unha moi boa saída. Ás veces empeñámonos moito en querer facer as cousas sós, en non pedir axuda, quizais por como se desenvolve a sociedade na actualidade. Somos un pouco egocéntricos, queremos o noso reduto, a nosa dose de atención e esquecémonos dos demais. Case sempre as mulleres a saída que teñen é a do acompañamento, a de facer forza entre todas. É necesario contarllo aos máis pequenos e ir amosándolles que hai outros camiños e un deles é a verdadeira amizade. No meu grupo de amigas da infancia eramos todas moi distintas e seguimos séndoo agora, pero eu creo que a maxia está niso. En respectar, en rodearte de xente que teña a nidade contigo pero que sexa distinta. Que faga que te movas da túa zona habitual e que mires o mundo dende outro lado. Que poidas ser unha persoa máis crítica, un nunca leva a razón absoluta. Moitas veces os amigos sóno todo. Eu sempre digo que nunca contamos a mesma cousa a diferentes persoas da mesma maneira, e iso é porque temos relacións diferentes cos pais, cos avós, cos amigos, con aqueles que nos atemorizan ou admiramos.
Tanto rapazada como adultos que non estean familiarizados coa vida do rural pode sorprenderlles algúns elementos da obra. Cres que coñecemos su cientemente o noso país? Non (ri). Estou convencida de que se o coñecésemos máis sentiriamos moito máis respecto por el. Polo patrimonio natural, polo patrimonio arquitectónico, artístico, pola nosa lingua, é un descoñecemento moi grande de toda a historia e todo o que signi ca. Ás veces necesitamos que dende fóra se vexan as cousas para aprecialas. Por exemplo, pasamos tódolos días por diante dun cruceiro e nen sequera nos xamos nel. Pero é un elemento importante e aparecerá nalgún libro. Os rapaces e rapazas que lean ese libro, pensarán en por que está alí, canto tempo leva, se está coidado ou non. Esta era a intención co libro. Familiarizar ao lectorado con todos os elementos que se poñen aí. Cristian e mais eu tiñamos moitas ganas de facer unha defensa do rural, pero dunha maneira natural. Cando Saínza cambia de centro educativo e aparece nun novo lugar como unha revolución é porque é diferente. Ela ten que aprender o novo que atopa pero os demais teñen que valorar todo o que ela ten. Non temos consciencia que toda a modernidade, a tecnoloxía, parte do rural. Cando visito as escolas e falamos do leite pregúntolles aos nenos se son conscientes de que esas vacas son as que lles permiten comer os espaguetes á «carbonata».
A avoa é o principal referente adulto de Saínza. Lendo o libro veume á mente a idea tan estendida sobre o matriarcado galego. Cres que realmente existe ou é unha trampa? Creo que as mulleres non mandan nas casas, creo que as mulleres levan as casas adiante. Foi moito máis visible o seu papel pasado na época da migración masiva, onde os homes marchaban e as mulleres quedaban nos fogares atendendo aos llos. Elas sostiveron o noso país. Foron as que termaron da nosa lingua, porque moitos dos que regresaban volvían falando castelán. Termaron das nosas lendas. Das nosas cancións. Non sei como facían, pero tiñan humor para cantar e para bailar. Cantaban cando seguramente tiñan ganas de chorar. Foi unha época moi dura que quixemos borrar, pero non podemos facelo. Debémoslles moito ás xeracións das avoas e das anteriores. É unha gura que traballo moito para recuperar. Creo que as mulleres teñen un papel máis relevante en xeral, pero aínda queda moito por facer. O traballo da muller rural galega aínda está moi agochado. Cando sae algunha noticia de prensa escrita ou na televisión dando a coñecer rapazas de novas xeracións que se fan cargo das explotacións agrícolas ou gandeiras da familia, éncheme de orgullo. Creo que estas mulleres comezan a ser recuperadas, como por exemplo na música tradicional. Pero quedan moitas avoas invisibles.
A visibilización das mulleres das aldeas choca nco despoboamento do rural. Que facemos con iso? Hai que darlles medios. Volver ao rural non signi ca camiñar cara atrás na modernidade. Non pretendo que se limiten os avances. Temos que achegar todos os recursos ás zonas rurais. Falamos dunha boa conexión a internet e que teñan boas vías de comunicación. O rural está afastado de moitas cousas. Creo que a pandemia demostrou o positivo que ten vivir doutra maneira, incluso que nos permite respirar doutro xeito. Tanta xente que vivía nun piso pequeno e botaba de menos un pequeno xardín… Pois igual temos que manter escolas que non son tan rendibles e que teñen unha ratio de alumnos máis pequena para que as familias que se despracen alí poidan levar aos seus rapaces e conciliar. Vivir no rural non signi ca conciliar. Hai que desenvolver o traballo.
Que estás escribindo agora, María? Estou na época de repouso, que é moi necesaria, porque cando remato de escribir algún orixinal necesito descansar antes de pasalo á faceta dixital. Necesito desconectar desa historia para poder empezar a lela como un lector que non a coñece, aínda que intentar distanciarme dela sexa moi complicado. Ultimamente xuntáronseme varias correccións de libros que acaban de saír, necesito concentrarme neses textos e botarlles unha última ollada. Non estou traballando en nada parecido a Saínza, pero amenazo con facelo nun futuro.
Din que o galego está de moda. É certo? Non o teño tan claro. Penso que en certos sectores si que se lle está dando o valor que ten. Eu que vou a moitos centros escolares, hai días que volvo moi desgustada e frustrada. Creo que nos veñen moi ben estas investigacións que son de fóra da nosa terra e que sitúan ben ao galego.
O galego non ten ningún tipo de complexo: utilízase na cultura, na arte, na ciencia… En moitísimas facetas que ao mellor antes non se desenvolvían. Pero sigo moi preocupada polos rapaces máis pequenos e o tipo de galego que lles chega. Eu sempre digo que mentres non se achegue dunha maneira natural non terá sentido. Non me interesa que o galego estea de moda, as modas van e veñen. Eu pre ro que se consolide. Hai que
facer un esforzo: comecemos por non sorprendernos cando alguén manteña o galego cando os demais estean falando en castelán. Somos unha sociedade su cientemente madura como para poder enfrontarnos a iso como mínimo.