Quen somos?
Luzes é un proxecto que saíu á luz, en decembro de 2013, despois de varios meses de debates e preparación. Saíu, en principio, como revista en papel, de periodicidade mensual, e coa intención de recoller reportaxes e entrevistas de longo alento, formatos que xa non teñen cabida nos medios tradicionais, escritos e fotografados por xente que tampouco ten moitas veces o espazo, a liberdade, e en ocasións nin o sitio para publicalos.
Nacemos con esa intención pero tamén coa intención clara de ser un punto de encontro para moitas persoas, periodistas, creadoras e lectores. E un obradoiro, colectivo e en rede, para outras propostas. Desde finais de 2013 erguemos os Espazos Luzes¸ concibidos como convocatorias de conversa sobre distintos temas, no lugar preciso, e para o contacto directo coa tribo de Luzes. Publicamos tamén os Libros de Luzes, con contidos irmáns da revista. E lanzamos ao mar de internet Luzes.gal¸ o noso proxecto na rede. Nacemos e chegamos ata aquí porque moita xente confía en nós e no noso traballo. Grazas. A aventura da liberdade continúa. Aínda hai moita terra que se esconde!
Luzes somos
Xosé Manuel Pereiro
Manuel Rivas
Valeria Pereiras
Ana Luísa Bouza
Juan Janeiro
Clara de Vargas
Daniel Martín González
César Lorenzo Gil
Cláudia Morán
Cristián López
Dores Tembrás
Esteban Yáñez
Juan Janeiro
María Bragado
María Yáñez
Marta Veiga Izaguirre
Suso Iglesias
Lino Braxe
Débora Campos
Ramón Chao
Jonathan Dunne
Antón Losada
Antón Patiño
Xoán Antón Pérez-Lema
Martine Silber

COMITE REDACCIÓN
César Lorenzo Gil
Cláudia Morán
Cristián López
Dores Tembrás
Esteban Yáñez
Juan Janeiro
María Bragado
María Yáñez
Marta Veiga Izaguirre
Suso Iglesias

CONSELLO EDITORIAL
Lino Braxe
Débora Campos
Ramón Chao
Jonathan Dunne
Antón Losada
Antón Patiño
Xoán Antón Pérez-Lema
Martine Silber
A revista Luzes, Libros de Luzes e Luzes.gal están editados por Luzes. Xornalismo que conta S.L.