A actualidade está sobrevalorada
Unha bispa e dous santos
Temos unha bispa nova na oficina! Cristina Moreira vén de ser designada pola Association of Roman Catholic Women Priest. E dos santos (de pedra), Abraham e Isaac, volverán a Santiago. Polo que se ve, a fe move montañas.
Uber, agresións e Koldo
Legalidade? Que é iso de legalidade? Desde as compañías de transporte que entran nas cidades sen permisos dos concellos, ata Koldo, ese home que non soamente as facía, senón que as gravaba, pasando polas agresións a persoal sanitario.
Madrid pon orde en Ourense
Un grupúsculo de retórica comunista e ideas de estrema dereita, procedentes de Madrid foron a Ourense a anunciarlles aos veciños que a única xustiza que existe é a que hai nun bate de béisbol.
Os conselleiros, ai os conselleiros!
Non foi unha semana fina para a nosa clase dirixente. O conselleiro do Mar dimite (entre aplausos!) ao ser investigado por agresión sexual. E o de Educación, compara a neutralidade en asuntos como Gaza ou Ucraína, poñendo como exemplo as patacas.
As Guerras Médicas e unha recepción impresentable
Volven os 80 e as súas tolas desputas localistas? Marta Otero Mayán, secundada por Ana Luísa Bouza, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro explica que non. O non ten explicación ningunha é recibir ao representante dun goberno xenocida
Mondariz Balneario, Avión e unha absolución
Que pasa no Balneario? Parece o titulo dunha novela de misterio británica, pero é a historia real duns 300 migrantes refuxiados no concello máis pequeno de Galicia que acabaron sendo atendidos pola poboación
Xente que se vai, xente que vén
Foise, co sentimento de todas as boas persoas, Pepe Mujica. Noutro mundo (neste) foise a directora xeral de pintar a cana verde e na CRTVG ascenderán á que xa mandaba.
Eleccións alí arriba e aquí ao lado
A tal hora, o Espirito Santo e o electorado portugués están convocados a escoller os próximos dirixentes no Vaticano e no Palacio de São Bento.
O Día dos Transistores (e do Traballo)
Onde estabas ti ás 12,33 do 28 de abril de 2025? Cóntannos aquí a súa peripecia os nosos tertulianos/as, pero as horas seguintes todos estivemos pegados ao transistor, como os futboleiros de antes as tardes de domingo.
Cónclave no Hórreo
O balance de xestión e promesas no Parlamento Galego non foi tan ameno como o Estilo Galicia da semana pasada na Cidade da Cultura, pero tamén nos deu que falar. Mentres, aló en Roma...












