Xa na recta final da tempada, traemos un especial sobre cales son as peores persoas da historia na nosa opinión. Nesta primeira parte, Duarte narra a violenta vida dunha celebridade cara as mulleres do seu círculo e a súa propia familia, feitos que non adoitan a nomearse cando se fala da sua obra.
ADVERTENCIA DE CONTIDO: Mencións de violencia física e psicolóxica cara mulleres, mencións sobre o suicidio.