Cultura a todas luzes
CTL80. Especiais MIT: María Roja, La Volátil (con actrices de Ribadavia)
A actriz galega María Roja encarna a Jérôme Bel nesta última edición da MIT, esvaecendo as fronteiras entre arte e interpretación, entre performance e arquivo. Ribadavia 26 é o resultado escénico do traballo da Volátil no marco da MIT e Ribadavia durante 2 anos.
CTL79. Especiais MIT: Paula Carballeira, Marián Bañobre, Santi Cortegoso.
Neste episodio, temos con nós á recente Premio de Honra da MIT, á fenesa Paula Carballeira. Tamén nos acompañan a compañía Ibuprofeno Teatro, que chegan a Ribadavia co seu novo espectáculo, Bio Construción.
CTL 78. Especiais MIT: Cuatro por cuatro, Alba Fernández Cotelo e Aitor Basauri.
Despois dunha longa pausa dedicada a fortalecer o corpo de funcionarios cunha nova incorporación, regresa Cultura a Todas Luzes. E como xa vén sendo tradición... Volvemos á MIT!












