Failume

He’s coming home

Tralos partidos da selección belga, as cifras de violencia machista e os intentos de feminicidio soben considerablemente e, coma no caso inglés, «el resultado nos da igual»: o incremento dáse gañen, empaten ou perdan.

A palabra maldita

Escribo «madrasta» e vostedes evocan unha muller seguramente maior, nariz ganchudo, espullas, mans coma gadoupas, extremadamente delgada ou abandonadamente obesa, de talante imposible, vingativa, envexosa, fría. Grazas por todo, irmáns Grimm e, sobre todo, a ti, tío Walt.

O cincuenta por cento

Marcha Àngels Barceló da Cadena Ser, a única voz de muller nesa banda horaria. Cando lles falen de que xa non son precisas políticas de paridade nos lugares de traballo, poñan a radio.

O futuro

Gustaríame volver atrás e dicirlle á Antía anterior ao 2000 que non tivese apuro por chegar ao futuro que, coma o final de 'Expediente X' e os últimos discos dos Smashing Pumpkins, ía parecerlle bastante decepcionante.

O noso nome

Unha cousa que aínda non entendedes, escoitándovos, é a cantidade de violencia que exercedes contra nós cando falades. E non me refiro aos mal entendidos «piropos», senón á violencia de facernos existir única e exclusivamente a través de vós.

Non perder a esperanza

Cando penso nela, vénseme inevitablemente un triste xogo de palabras. Penso en perder a Esperanza, como se perdeu ela, coma unha idea palpable, como unha dor moi concreta. Coma un sopapo da realidade impoñéndose sobre o que desexarías que non acontecese.

Fratelli Fascisti

Chamémoslle fascismo. Perdamos o medo a sinalalo como o que é porque suavizar a realidade, reinterpretala, retorcela ata que asuste menos, non vai evitar que aconteza.

Ascensión

A Ascensión que eu coñecín morreu en Tirán no 1987 sen ter recuperado ao seu marido, fondeado na ría de Vigo no 1936. Sen ser recoñecida como vítima. Sen nada máis que a vergoña.

Señoras que len

Antes de comezar, aviso: A de hoxe é unha peza persoal e estival, que tamén teño dereito a vacacións. Se queren outro tipo de contidos, recomendo Como ser a vítima perfecta, de Malva.

Onde bailarán as nenas?

Tiña Molotov, banda mexicana da miña adolescencia pola que o tempo (e o feminismo) pasaron francamente mal, un disco chamado «¿Dónde jugarán las niñas?». A portada era infame, pero a pregunta... a pregunta volveume á cabeza estes días, falando coas miñas amigas sobre saír de noite.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail