Gacetilla parroquial

Damnatio memoriae, señor Pelicot

«Que a vergoña cambie de bando». Así explicou Gisèle Pelicot a súa decisión de expoñer ante o mundo o que lle fixeran. O algoritmo reserva para o señor Pelicot o seu bosquexo esborranchado en sede xudicial.

«Xornanismo»

O «xornanismo» comeza moito antes da publicación da peza, xa na escolla do tema. A pulsión «xornanista» adivíñase no ollar refulxente do informador cando cae nas súas mans unha realidade o suficientemente escabrosa, dolorosa e dura como para que pague a pena contala.

Virtudes (e Mercedes)

O que eu non sabía cando arribei á «chave do Caribe» era que o relato familiar de Xesús Fraga viaxaba comigo só con pasaxe de ida, e que o seu sino era pasar a formar parte vitalicia da biblioteca persoal de Mercedes.

Feo, facha, Ferrol

Convido a tomar asento a todos e todas as que premeron nesta ligazón pensando que ían atopar aquí algo diferente. A este sempre agradecido espazo viñemos hoxe falar de Ferrol, a máis deostada das urbes galegas.

A clase obreira vai a Benidorm

Chega o verán e chegan os pau «selfies», os sotaques europeos do norte e os «freetours» comandados por paraugas amarelos facendo súas as rúas das cidades e das nosas vilas. Chega o turismo masivo, e chega, case da man, tamén a turismofobia.

Loitar o pan, gozar do circo

De todos os latinismos pedantes que adoitan empregar os que buscan parecer mais listos ca min, a locución latina panem et circenses, pan e circo, é, sen dúbida, a que se me antolla máis insoportable. Un latinorio cuspido sempre dende arriba cara abaixo, e que, como a maioría dos improperios,…

Casares, Sellier, Flores

«¿Tú sabes por qué a mí se me entendió en todo el mundo? Por el acento» Se estas verbas non soan na súa cabeza cunha voz en particular, ben non dispón dun televisor, ben lle dá pouco uso. Unha Lola Flores de CGI crava o adaxio na pantalla no último…

De nazis, prorrusos e discursos hiperbólicos

Non son nin fun nunca muller de ambigüidades. Érgome decote cada día máis radical en certos aspectos, mais, tamén, cada día máis crítica  con discursos pechados e paquetes de medidas. As medias verdades están ben para os asuntos menores, pero cando se fala das cuestións máis transcendentes da actualidade, a…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail