Mira unha cousiña

Afástaste dos nomes

Hai moito que non escribo para plasmar o que penso dun xeito ortodoxo, coa súa cohesión e a súa coherencia, coa súa sintaxe, a súa ortografía e a súa puntuación. O que sucedeu e segue a suceder é que a distribución do tempo está supeditada ao traballo asalariado e, en…

Entre Todos Estes Santos

Non sei se está nun punto ascendente ou desdendente da gráfica, pero observo que a autoficción como (sub?)xénero, tanto en forma de novela, de conto, de película, de fotografía ou de tuit leva un tempo bastante presente coa consecuente crítica cultural arredor do fenómeno multiplicándose tamén. Unha pena ter lido…

How the email finds us

Calquera protesta relacionada cunha mellora das condicións laborais sempre se atopa de fronte cun tipo de resistencia que adopta a mesma forma: a da suspicacia de quen ve detrás da intención de querer que o traballo non o drene unha excusa para (treme só de pensalo) Traballar Menos ou mesmo…

Não há poluição que não chegue a todas partes

Ata aquí cheguei. Aguantei varios anos pero a partir de setembro faise insostible: teño que facer uso do coche diariamente para dirixirme ao meu lugar de traballo. A miña pegada de carbono, ata o de agora exemplar, vai pasar a formar parte do grupo de pegadas de carbono medias dentro…

In a minute, there is time / para mirar o móbil trinta veces

Escribía T.S. Eliot no seu poema The Love Song of Alfred Prufrock (1915) que «In a minute there is time / For decisions and revisions which a minute will reverse» («Nun minuto hai tempo / Para decisións e revisións que un minuto revocará despois»). Alfred Prufrock, coma min, tiña problema…

A xente ás veces falla, a temporada 10 de KUWTK é para sempre

Non sei se estou inferindo unha conclusión a partir da miña propia relación con este tipo de entretemento, pero dáme a sensación de que a época de ouro de ver como vive a xente rica en series feitas a medida (ou non tanto) está de capa caída. Quedou atrás Keeping…

The Illusion of choice

Cando me enterei de que Manu Chao volvía á Galiza dar dous concertos, os primeiros desde 2014, corrín (metaforicamente) mercar as entradas porque sabía que, como efectivamente pasou, ían voar. Tiña moitas ganas de volver velo en directo; alén de dar sempre uns concertazos, o ambiente que se forma arredor…

Nunomanía

Vin a Grande Amore, ou a Nuno Pico, por primeira vez en concerto na vida prepandemia teloneando, se a memoria non me falla, a Ortiga. Daquela só sacara dous ou tres temas baixo ese pseudónimo, pero todos eles chamaban bastante a atención pola orixinalidade da proposta e polo diferente aos…

A ti si? A min tamén!

O outro día quedei coa miña Laura, a miña amizade máis lonxeva. Con ela crecín, madurei e aprendín. Para as que temos a sorte de manter un grupo de amigas sólido durante toda a infancia, adolescencia e xuventude volver a el cando a vida adulta nos separa inevitablemente é volver a…

Que dicimos cando non podemos falar

Teño un tío que tende bastante a divagar. Por veces, cando estamos á mesa e comeza a fluirlle a conciencia cara a fóra, son eu a única alí quen de coller o seu tren de pensamento. Aparece da nada, fóra de hora, non espera por ninguén e vai a toda…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail