O bosque dos cromosomas
Todo o cosmos nun cabelo da Marilyn de Vilarmao
Olga Novo volve a Vilarmao: «Era eu nena de dez anos e atravesaba o campo de Vilarmao cando de súpeto vin prendida a lámpada da cociña da veciña casa de Remigio: Aquela humilde vivenda, que levaba pechada máis de dúas décadas por mor da emigración».
Consuelo de Chiqué…
...ou como cambia o mundo cando unha muller marabillosa se asoma a unha ventá. Vai frío e chove pola noite abaixo dun ano no que eu aínda non existo. A avoa Benigna métese no leito canda a netiña e comeza o rezo do rosario cotián. Á nena péchanselle os ollos…
O pequeno petrucio e a naiciña nena
Quizais só porque «había unha inmensa primavera no corazón», como escribiu o poeta Claudio Rodríguez Fer, puideron imaxinar os facedores de palabras o vocábulo gerrmānus (irmán), que vén de «xerme». E así foi como, cos ollos aínda prendidos nas filleiras da pereira que medra no pasado do mundo, abrollou das…
Historia universal da pobre Clementina
Canta a curuxa fóra e o frío asubía, entra polas regandixas da casoupa, por entre as goteiras das lousas, polas engurras da vella, polos remendos da roupa refaixo arriba, por entre os dentes, o frío fúndese coa fame e fai tremer o último átomo que a formou no ventre da…
A casa da culpa
Segundo Aristóteles, Tales de Mileto pensaba que a alma era capaz de producir movemento, xa que afirmou que a pedra imán ten alma porque move o ferro. Pero Tales de Mileto tamén medía sombras para calcular a altura das pirámides. E os seus cálculos, entre a matemática e a poesía…
Os ollos da miña nai
O poeta uruguaio, de orixe polonesa, Mauricio Rosencof resistiu trece anos o cativerio ao que foi sometido nun calabozo subterráneo por liderar o movemento social Tupamaro. Un día, estando preso, escoou unha pequena pluma ao pozo onde el se atopaba, e dese intre xurdiu un poema estarrecedor que comeza dicindo:…
Costureiriña bonita
Chámome Amparo e teño 7 anos. Hoxe é o día de Reis do ano 1946. Está a miña irmanciña pequena chorando no corredor porque os reis non lle trouxeron nada. Que nos han traguere! A mai Carmiña está agora no cuarto envolvendo a escape, nun anaco de papel de estraza,…
Un corazón sotocampá
TOQUE DE PARTO Estamos nunha clara mañá de abril de 1951, cando no pequeno lugar de Cereixa tocan as campás a parto. A Carmen do Jesús da casa do Corenta traía ao mundo unha criaturiña: era o cuarto fillo dos cinco que tería. Non lle fixo falta chamar a parteira…
Don Esteban no burato dos mouros
Para lermos a paisaxe cómpre aprender un alfabeto emocional que non se ensina nas escolas: signos complexos producidos pola memoria colectiva, espazos saturados de significados comunais, longos silencios que pronuncian apenas o recordo dun suceso, restos fragmentarios de vidas sen dereito á Historia, á palabra, e polo tanto, ágrafas ou…
Celebración da vida
Existe en Galilea un lago coa forma dunha arpa primitiva. Á súa beira de auga doce preparaban as redes os pescadores aquela mañá de maio hai máis de dous mil anos. E nomeaban, un por un, en arameo, os aparellos da pesca. Seguramente unha muller daquel mar interior cosía unha…