Malva e Duarte falan de misterios

Marchamos de vacacións!

Por primeira vez na historia do podcast temos a decencia de non desaparecer sen dicir nada. Facemos este episodio curto para contar que descansamos ata agosto e xa de paso mandarvos deberes para o verán: ver Off Campus e Avatar: The Last Airbender.

Malva e Duarte queren moito a moita xente

As tanxentes son coma unha caixa de bombóns, nunca sabes o que vai tocar. E sendo fieis a iso, esta semana o tema acabou sendo querer, polo que falamos das formas de expresar amor, de ter detalles ca xente que aprecias e, como persoas que xa está rozando os 30,…

O regreso de Duarte (e dos aliens)

Nesta ocasión detémonos nas posibilidades de contactar con vida extraterrestre a través das teorías da ciencia ficción, tratando de dar resposta á Paradoxa de Fermi e explorando a hipótese do Bosque Escuro.

Malva e Mario falan de tanxentes

Esta semana, o convidado repetidor e lexendario Youtuber Olaxonmario acompaña a Malva en substitución do opositor Duarte para falar de corpos, de ser nenos de aldea e de relacións tóxicas.

A lenda do mozo de 19 anos de Neda, con Chutenmeme

Esta semana, únese a Malva e Duarte como convidado o ilustrísimo alcalde de Youtubeiras Chutenmeme, para falarnos da lenda do mozo de 19 anos de Leda que loitou por cubrir un servizo público na zona de Ferrolterra.

Costumes, simps e vodas

Esta semana, Malva e o futuro Lord Duarte xúntanse para falar de tradicións, o significado da palabra “simp” e chorar nas vodas.

Sealand

Esta semana Malva leva a Duarte da man por un camiño cheo de subidas e baixadas, intriga e dereito internacional, todo para culminar nunha nova era do podcast na que Duarte… se transforma.

O galego mal falado e poñer os cornos, con Antontisim0

Esta semana, Antón tómalle o relevo a o Duarte opositor para vir a ter unha conversa de tanxentes sobre os temas máis candentes: é o galego que non se fala o único mal falado? E por que son os cornos literalmente a peor cousa que podes facer dentro dunha relación?

Os lobos de Yellowstone

Neste episodio, Malva explícalle a Duarte a vida, traxectoria e morte duns dos lobos máis destacado do grupo que foi reintroducido no parque nacional de Yellowstone, nos Estados Unidos. E Duarte ten moito que dicir sobre os estudantes de xornalismo.

Emerald Fennell, inimiga do podcast

Neste episodio Malva e Duarte falan sobre cousas que odian, en particular, unha das grandes inimigas do podcast: a directora de cine inglesa Emerald Fennell, culpable de crimes contra a humanidade tales coma Saltburn ou Wuthering Heights.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail