A actualidade está sobrevalorada

Manifestacións, cocidos, ovnis e oleodutos

Ducias de milleros de persoas manifestáronse en Santiago contra a política sanitaria de Isabel Díaz Ayuso, ou esa debe ser a conclusión que sacaron moitos dos que viron a noticia nos informativos televisivos de ámbito estatal.

O Supremo, ENCE e outras bandas

Como nas películas de Hollywood, Ence queda na ría de Pontevedra por unha decisión no último minuto. Por dúas. A primeira, cando Rajoy, xa desaloxado da presidencia do Goberno, decidiu concederlle 50 anos de prórroga. A segunda, por unha sentencia do Supremo, tan vaga como o citado anteriormente.

Non era un rescate, é a túa hipoteca

A banca española ten uns beneficios estratosféricos por un lado, e por outro quéixase de que lle queren subir os impostos por esas ganancias. Neste país nunca se premiou o esforzo.

Xubilados, terroristas e put*s nazis

Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro comentan o caso de Pompeyo,o xubilado de Mirand de Ebro que enviaba cartas-bomba, e o de Feijóo, que non lle soa que os cristiáns cometeran nunha crimes por razóns de relixión.

Unha nena de Baleira, un vicepresidente pouco gallardo e un presidente mal educado

A nena violada en Baleira polos seus parentes. A atención primaria en caída libre. As ocurrencias perigosas da extrema dereita de Castela e León. A axenda do presidente Rueda. Estes son algúns dos dramáticos casos dos que se fala neste episodio.

Vai, vai, Froilain (que non sal-pique)

O Goberno do Estado ten unha opinión común sobre o tema Shakira? Non hai disenso entre as dúas (ou tres) formacións que o compoñen? A posible reacción de Piqué ten relación co feito de que Froilán vaia vivir co avó? Escoiten e poderán opinar con criterio.

Ola Lucas, ata logo Bieito XVI

Fóronse Pelé e Benedito XVI e veu a Galicia, en concreto ao Deportivo, Lucas Pérez. En AAES analizan estes movementos do mercado de inverno

2022. O mellor, o peor e o aínda peor: a web de RENFE

Que foi o mellor dese ano, se é que tal cousa houbo? E o peor? (a maiores da web de Renfe). E que pasou que tanto nos ten que pasara ou non? Reflexionemos todos e todas.

15.000 insolidarios e un multimillonario

Renfe detecta que hai 15.000 cidadáns –por chamarlles algo– que reservan viaxes gratuítos en tren, que logo non fan. Moitos?, poucos? Pois o 20% do total de usuarios, cando a media no Estado é dun 3 ou 4%. Uns insolidarios, como Amancio Ortega. Escoitarán por que.

Galicia intelixente, maltratador á fuga e fachas street boys

Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro explican como poden que é iso da AESIA, por que veu para Coruña e non para outro lado (spoiler: non é o que parece). Metidos en fariña xudicial, tamén lles dá tempo a falar de Feijóo e do…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail