O beef de Shakira está a constituir unha bomba de fragmentación. Tantas e tan altas ondas fixo esa pedra no estanque mediático que a auga, ademais de sal-picar, mollou aos nosos analistas de garda. Ana Luisa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro non puideron resistirse a pasaron de falar de Feijóo e esa xente que a eles tanto lles gusta a falar de marmelada e Clara Chía. O famoseo é unha pendente costa abaixo. Se te metes aí, non remontas. De Rolex a Rolex, pasaron a falar de Felipe Juan Froilán, que como nos pasou a moitos de nós, vai pasar un tempo co avó. Claro que nós iamos á aldea, e el vai a Abu Dhabi. As noites madrileñas non van ser iguais que antes.