Xubilados, terroristas e put*s nazis

O mundo anda revolto. Os xubilados, polo menos Pompeyo o de Miranda de Ebro, aproveita os cen euros da suba da pensión en mercar os compoñenentes necesarios para armar unha bomba putinista que lle enviar a Pedro Sánchez como resposta ao envío de tanques a Ucraína. En resposta ao ataque dun probable zumbado marroquí ao sacristán dunha igrexa de Alxeciras, Alberto Núñez Feijóo pisa unha poza da Historia, da antiga e da recente, e declara que un cristián nunca cometeu delitos por razóns de ideoloxia ou relixión.  Ben, delitos cometeron, ou polo menos unha falta, os afeccionados do Depor que lle chamaron «nazi» ao xogador do Rayo Majadahonda Roman Zozulya. En base á acta arbitral, que sinalaba que se produciran «cánticos racistas» (sic), o club coruñés foi multado con 1.800 euros.

Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro debullan estes dramas todos.

Zozulya, sinalando nun marcador o nùmero 88, símbolo das siglas HH (Heil Hitler)
Zozulya, cunha bufanda de Stephan Bandera, lider nazi ucraíno na II Guerra.

 

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail