Renfe detecta que hai 15.000 cidadáns –por chamarlles algo– que reservan viaxes gratuítos en tren, que logo non fan. Moitos?, poucos? Pois o 20% do total de usuarios, cando a media no Estado é dun 3 ou 4%. Parece ser que é cousa do tipo de servicio ferroviario que hai en Galicia, di a compañía, pero posiblemente teña que ver tamén o tipo de xente que hai en Galicia, ou iso pensan os nosos reflexólogos habituais: Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán (que logo de facer o podcast ía ocupar nun tren o asento que reservara) e Xosé Manuel Pereiro. E falando de insolidarios, tamén falaron doutro, Amancio Ortega. No trimestre con máis beneficios da historia de Inditex, as dependentas andan á folga por unha suba de 200 euros.