A Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) terá a súa sede na Coruña, en concreto no Edificio A Terraza. Os nosos falantes (dous deles acatarrados), Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro explican como poden que é iso da AESIA, por que veu para Coruña e non para outro lado, e a ver se o goberno ten a consideración, xa que recibe un edificio de balde, de dar tamén de clocló algún dos outros dos que demanda a cidade, como a vella Prisión Provincial.
Tamén poderán escoitar as sisudas reflexións sobre unha personalidade que campa nas primeiras páxinas dun influente xornal madrileño, que adoita marcar a estratexia política dos conservadores. Que opina El Yoyas sobre a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial, na súa calidade de experto no sector?
E aínda deu tempo a pasmar coa aparición do dream team da caspa na inauguración dun centro comercial en Nigrán. Unha foto na que son todos os que están, e se non están todos os que son, pouco lle falta.