A actualidade está sobrevalorada

Cousas serias e cousas do politiqueo

De pouco lle valeron os protocolos de seguridade a Vanesa Serén. Pódese facer algo máis en casos como o asasinato de Oia? Mentres, os nosos representantes electos fanse cargo de que o mundo non sexa un lugar triste.

Aquí tamén pasou o que pasou (e o que pasará)

Os nosos contertulios habituais deixaron o episodio da semana pasada co país a piques de celebrar unhas eleccións, e Manuel Baltar de ser xulgado, e resulta que hai convocadas outras, e Baltar zafou do banquillo.

Porra 28M, Ourense e o resto

Os nosos contertulios habituais, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro tentan conxurar os nervios prevotación da forma habitual nesta politica futbolizada: facendo unha porra.

Falade galego

Os datos sobre o uso do galego non respectan nin o Día das Letras. Antón Losada, Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro falan sobre a saúde do idima, e lembran como caeron eles no feo vicio de falalo.

Baltar, Jácome e os golpes ao grande

A "Actualidade está sobrevalorada" está a estudar trasladarse a Ourense, habida conta de que esta é a única cidade onde está a desenvolverse unha campaña electoral campaña-campaña.

Médicos, pluses, Bolaños e a Guarda Civil

Pensabamos que era certo que a Xunta non tiña máis cartos para dedicarlle á Sanidade, e resulta que si, pero non aos doentes.

Speedy Baltar e a Beltraneja en Sanjenjo

Xa sabiamos que os Plans de Vías e Obras das Deputacións era para que as estradas estivesen en condicións, pero non tiñamos claro todas as implicacións do asunto.

Tractoradas, un bribón que vai ao cárcere e outro a Sanxenxo

Dous milleiros de gandeiros, coas súas vacas e os seus tractores, ocuparon Lugo para protestar polos baixos prezos. Páganlles a 5€ o quilo, e producilo custa 7€ e pico. A cesta da compra subiu un 20%, onde van os cartos?

Concesionarios avariciosos, borbóns e outras familias rotas

O Emérito ataca outra vez en Sanxenxo, e o único que parece alegrarse é Alfonso Rueda. Incluso o seu fillo (Felipe VI, non o de Rueda) se pon de perfil.

Xa é primavera no PSdeG

O baile entre Miñones e Besteiro, con música de Sánchez, fixo que quedara esquecido novamente o noso presidente en comisión de servizos e o seu problema coa axenda sen contido de Ursula von der Leyen.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail