A nena violada en Baleira polos seus parentes, cuxo caso tardou en tramitarse xudicialmente sete anos. A atención primaria en caída libre. As ocurrencias perigosas da extrema dereita de Castela e León. A axenda do presidente Rueda. Estes son algúns, que non todos, dos dramáticos casos que os nosos desalentados conversadores –Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro– falan neste episodio d’A Actualidade está sobrevalorada. Pasen e escoiten.