Ola Lucas, ata logo Bieito XVI

O cambio de ano trouxo un intenso trafego de idas e vidas. Pelé e Bieito XVI foron xogar a outra liga, fichados por San Pedro, e veu –ao Deportivo– Lucas Pérez. O noso equipo conversacional habitual –Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro analizan estes cambios no mercado de inverno e tamén confesan o que pediron -xente tradicional– aos Reis Magos. 

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail