A actualidade está sobrevalorada

Xuíces, OTAN e sexo ordenado

A actualidade non só está sobrevalorada, senón sobredimensionada. O masacre de Melilla foi a resolución dun problema de integridade territorial. A OTAN agrándase en Madrid. O aborto deixou de ser un dereito –non desexado, pero dereito– nos EUA por decisión duns xuíces vitalicios, e por se fose pouco, aquí empezan a…

Feijóo, Bonilla, a mesma loita!

Das eleccións andaluzas parece que se poden sacar dúas conclusións: unha, que o método Feijóo de gañar autonómicas (nada de siglas do partido, nada de ideoloxía e Gali... Andalucía, Andalucía, Andalucía) funciona, ou polo menos funcionoulle a Juanma Moreno Bonilla. A outra é que para non obter moi malos resultados,…

Galicia express

Os viadutos reparados véñense abaixo cando estaban a piques de reinaugurarse. Os trens rápidos veñen, pero as frecuencias coas que circulan vánse igual de rápido. En Galicia, en cuestión de comunicacións, estamos como estabamos? Ou estivemos como pensabamos que iamos estar, pero deixamos de estalo?

‘Villa de Pitanxo’, máis preguntas

Pese ao silencio decretado, os familiares dos mortos e desaparecidos do pesqueiro Villa de Pitanxo seguen a reclamar explicacións, cando os atrancos técnicos e os económicos que se poñían nos primeiros momentos vanse esvaecendo. Cada día que pasa, xurden tamén novas contradiccións nas declaracións do patrón, Juan Padín, e novas interrogantes sobre…

Aivó, aivó, á aula a traballar

Está a rematar o curso, e con el, as forzas do profesorado de secundaria. As reformas sucesivas, o incremento brutal da burocracia e o descenso de persoal fan que moitas veces teñan que dedicar máis tempo a asuntos colaterais que a preparar a materia ou a impartila. Diso os tres…

«Explicaciones… ¿de qué?»

200 medios de comunicación e outros tantos fans juancarlistas puxeron esta finde a Galicia no mapa e ao Emérito depositado nun barco que ganou unha regata. Todo un viva antes que comentan os nosos grumetes de garda, Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro, cun contramestre invitado, Víctor Honorato, xornalista…

Sanxenxo, porto refuxio

Sanxenxo será esta finde porto refuxio, como a illa caribeña da Tortuga na que se acubillaban no século XVII e XVIII aqueles navegantes que tiñan unha relación tensa coa legalidade. Non nos referimos á parte máis escollida dos veraneantes de sempre, senón ao Emérito, o rei vello, que segundo informou…

O discurso do becario

Escoitan foguetes? Dianas e alboradas nas rúas? Non, porque aínda non temos presidente, pero o candidato xa leu o tema que lle tocou: «Galicia, Galicia, Galicia», e que sabía de corrido. Así que mañá non haberá sorpresa e Alfonso Rueda comezará o seu proceso de ascensión: primeiro presidente da Xunta,…

Cursos de espionaxe a distancia CNI

Os espías veñen do frío ou daqueles desertos non tan afastados que dicía Aznar? Hai versións de software libre do programa Pegasus ou só a que vende Israel? Por que os segredos que lle captaron ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, acadan a máis que respectable cantidade de 2,6 Gb,…

Sempre nos quedará París (ou non)

Como en Casablanca, nas eleccións presidenciais francesas ganou o bo, pero non de todo. Quedou sen a chica. Aínda que, se Macron non se pode comparar con Bogart, a pesar de que os dous son pequenos, menos semellanza hai entre Ingrid Bergman e Marine Le Pen. Con todo, tanto Macron como Le…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail