2022? Que 2022? Que foi o mellor dese ano, se é que tal cousa houbo? E o peor? (a maiores da web de Renfe). E que pasou que tanto nos ten que pasara ou non? Reflexionemos todos e todas, e se non lles presta, para iso están Ana Luisa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro. E desta vez cunha invitada, Iria MC, que non é unha rapeira, senón a voceira das usuarias de Renfe de Galicia, ou polo menos da liña A Coruña-Vigo ou Vigo-A Coruña, que nos conta que hai de certo e que non niso de reservar asentos nos trens e logo non cancelalos.