Manifestacións, cocidos, ovnis e oleodutos

Ducias de milleros de galegos e galegas manifestáronse en Santiago contra a política sanitaria de Isabel Díaz Ayuso, ou esa debe ser a conclusión que sacaron moitos dos que viron a noticia nos informativos televisivos de ámbito estatal. Ana Luisa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro desvelan que non, que contra o que protestaban os manifestantes en Compostela era contra a política sanitaria da Xunta, que pese ao que considera o seu presidente, Alfonso Rueda, é unha forma de facer política (mala política, en concreto). Rueda quitoulle importancia á protesta indo á Feira do Cocido a Lalín, pero días antes acordou unha serie de medidas que contradicían a política sanitaria que seguira ata o de agora. Como poderán escoitar a Marta Otero no podcast, debe ser a primeira vez que unha mani consigue a priori os seus obxectivos (polo menos algúns).

Tamén se debullaron misterios propios da serie Expediente X, de grato recordo para Antón Losada, como eses ovnis que andan a derrubar na América do Norte, e dos que sospeita que veñen de China. Máis vale, porque se son extraterrestres, empezamos mal a relación interespacial. E outro misterio, a sabotaxe ao oleoducto ruso, que os Estados Unidos ameazaran como facer, e agora que un xornalista os acusa de facelo, desmínteno. «Era broma», parece que dixo un voceiro da Casa Branca.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail