Categoría: Malva

Proportion
@todomalva23 Outubro, 2023

Os homes cos que non podemos contar

Non pode ser que as nosas nenas sexan a última liña de defensa contra a violencia patriarcal. Non podemos perder máis mulleres e nenas desta forma. Non pode ser que nos estanquemos neste círculo de homes pechando os ollos cara a violencia doutros homes.

Proportion
@todomalva6 Outubro, 2023

A botella de Dr Pepper baleira no portavasos do meu coche

Un dos inconvenientes da incrible oportunidade de vivir en moitas partes son os anacos de ti que vas deixando con persoas ás que nunca máis vas poder ver todos os días.

Proportion
@todomalva21 Setembro, 2023

Medra o clube das adolescencias roubadas

Non é normal que haxa un xénero musical enteiro de mulleres mirando a romances pasados con homes máis vellos. Non é normal que medre este clube de adolescencias roubadas.

Proportion
@todomalva6 Setembro, 2023

As crianzas do Postman’s Park

«Pero non é certo que moitas veces o humano se sacrifica polos demais sen ter tempo a meditar se se vai sentir mal despois? Faino e punto. Porque é o que ten que facer».

Proportion
@todomalva24 Agosto, 2023

As palabras

O caso é que non existe o TOC enfermidade e o TOC cuqui de que che gusta a cama ben feita e as bragas dobradas dunha forma concreta. Ter TOC é unha cousa e ser repunante, outra.

Proportion
@todomalva7 Agosto, 2023

Sobre ‘Barbenheimer e as mulleres que fan bombas

A estrea destas dúas películas de alto presuposto tan aparentemente opostas no mesmo día creou unha campaña de marketing conxunta sen precedentes, na que caín como unha mosca.

Proportion
@todomalva21 Xullo, 2023

Cando as rapazas que berran baixan a voz

Moitos homes queren unha muller que fai ruido, que berra, que ocupan espazo, que brillan, única e exclusivamente para convertilas nalgo que non son (...) El xa sabía que muller era ela antes de que comezaran a saír, pero a graza estaba en convertila noutra diferente.

Proportion
@todomalva20 Xuño, 2023

«Muchas gracias, neniña»

Case todas as persoas de certa idade que coñezo no traballo fálanme en castelán, polo menos de primeiras. Algunhas despois de escoitarme contestando varias veces en galego acaban mudando pero outras non o deixan ir. Como se esta lingua nosa fora cousa de vellos

Proportion
@todomalva5 Xuño, 2023

Noite americana

Como puiden pasar eu tanto tempo sentíndome soa, se sempre levo anaquiños doutras persoas no peto, e nas palmas das mans, nas orellas, no naris, na punta da lingua e nos ollos?

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail