Categoría: Malva

Proportion
@todomalva29 Setembro, 2022

Fomos nenas xuntas

Inés e máis eu levamos sendo nenas xuntas vinte e un anos. Das moitas cousas que son nosas (das dúas, de Inés e de Malva, como a música de Lorde, as tardes de domingo tiradas vendo unha película, ou as viaxes en coche berrando a letra de cancións que só sabemos a medias), o que máis me gusta é que fomos nenas xuntas, somos nenas cando estamos xuntas, e sempre seremos nenas xuntas

Proportion
@todomalva15 Setembro, 2022

Outro martes calquera

Agora estou escribindo estas palabras para Ana López Quintela, profe, escritora de contos infantís e unha das miñas amigas máis responsables, para que saiba que escollería tirar os cartos na AP-9 todos os días con ela antes que o mellor plan do mundo con practicamente calquera outra persoa.

Proportion
@todomalva1 Setembro, 2022

Fiona Apple e as palabras amables

Son unha moi dedicada fan da música feita por e para mulleres tristes, enfadadas e intensas. Phoebe Bridgers. Joni Mitchell. Edith Piaf... Pero a indiscutible raíña das señoras tristes, enfadadas e intensas que fan música para outras pobres almas tristes, enfadadas e intensas é Fiona Apple.

Proportion
@todomalva18 Agosto, 2022

Como ser a vítima perfecta

Cando estiven de Erasmus na universidade de Galway, en Irlanda, tiven a sorte de poder escoller unha clase que non estivese directamente relacionada ca miña atroz carreira (Dereito, resultoume infumable e alégrome moito de non tela xa preto), así que rematei rodeada de yankees louras de intercambio en «European Woman’s Studies» (Estudos da muller europea).

Proportion
@todomalva21 Xullo, 2022

Os meus cumes de Windermere

Na súa canción «The Lakes», Taylor Swift canta: «Eses cumes de Windermere parecen o sitio perfecto para chorar». Os meus cumes de Windermere son os torrentes do Mácara.

Proportion
@todomalva7 Xullo, 2022

Mamá

Mamá non me di que me quere antes de colgar. Mamá non me dá bicos, mamá non me dá apertas. Mamá non chora nos meus aniversarios. Non entende por que debería facerse amiga das mamás das miñas amigas.

Proportion
@todomalva23 Xuño, 2022

A eterna teima das guerras xeracionais

O outro día vin un tuit no que se podía ver unha foto dun balón de fútbol e un bocadillo de chocolate, coa frase «La vida era esto…». Un número importante de persoas falaban sobre como xa non había veráns deses e como a mocidade de hoxe só coñece pantallas. E, moi honestamente, tédesme todes xa ata o mesmísimo carallo.

Proportion
@todomalva26 Maio, 2022

Sobre querer morrer

Nunca pensei que ía chegar aos 25. E é que non é o mesmo querer morrer que querer deixar de querer morrer. A min moverme dun estado ao outro levoume sete anos de confinamento na miña propia cabeza, convencida de que existir así era normal. Pensaba que cando a xente falaba do futuro falaban de hipotéticos imposibles.

Proportion
@todomalva12 Maio, 2022

Guía Zillennial Para Saír do Armario

No 2018 saíu a película Love, Simon, baseada no libro do 2015 Simon vs. The Homo Sapiens Agenda. Eu lin ...

Proportion
@todomalva28 Abril, 2022

Sobre querer a un poeta

Mandáchesme unha mensaxe despois de catro anos de silencio de radio e recordos esbrancuxados.  Supoño que, ás veces, a cidade ...

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail