Etiqueta: Alfonso Sánchez Izquierdo

Proportion
Juan Oliver13 Marzo, 2025

Así reforza Alfonso Rueda o control político do PP sobre a tele e a radio públicas

O PP aproba en solitario a norma para nomear o director xeral do ente sen contar coa oposición. A nova lei elimina o órgano que debería velar pola pluralidade informativa e substitúeo por un consello asesor no que o PP se asegura a maioría.

Proportion
Juan Oliver3 Marzo, 2025

A CRTVG retira a sanción coa que ameazou á xornalista que denunciou a súa cúpula por acoso

A compañía admite un defecto de forma no procedemento contra a traballadora que instou a querela pola que nove directivos foron imputados por un delito contra os dereitos laborais.

Proportion
Juan Oliver5 Febreiro, 2025

A Audiencia Provincial da Coruña avala o proceso penal contra a cúpula da CRTVG

O tribunal rexeita o recurso das defensas do director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, e doutros oito directivos, contra a prórroga da instrución da súa causa por acoso laboral a unha xornalista.

Proportion
Juan Oliver4 Xaneiro, 2025

O director dá CRTVG acusado de acoso laboral culpa aos seus directivos diante da xuíza que os investiga

Alfonso Sánchez Izquierdo responsabiliza aos directores de informativos, recursos humanos e saúde laboral: «Sabía quen era a afectada, outra cousa é que estivese preocupado por como se tramitaban as súas queixas».

Proportion
Juan Oliver23 Decembro, 2024

A CRTVG perdeu en dous anos e medio 40 casos por vulneración de dereitos do persoal

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia condenou nese período á CRTVG a pagar preto de 300.000 euros en despedimentos improcedentes e entre 20.000 e 30.000 polas costas xudiciais derivadas desas causas.

Proportion
Juan Oliver6 Decembro, 2024

A TVG premia cun alto cargo á avogada que defende os seus casos de acoso e represalias contra xornalistas críticos

Os representantes do persoal cren que o nomeamento da letrada, que exerce agora como instrutora dos expedientes sancionadores contra dúas traballadoras en folga, esconde un «pago de favores» do PP.

Proportion
Juan Oliver3 Decembro, 2024

O PP inicia en plena folga da CRTVG a tramitación da lei que reforza o seu uso partidista

A oposición alerta de que a manipulación informativa «xa roza o obsceno» mentres a Comisión Europea lembra que os medios públicos deben estar sometidos a criterios «transparentes, obxectivos, non discriminatorios e proporcionados».

Proportion
Juan Oliver12 Setembro, 2024

A Xustiza anula dúas sentenzas que absolveron a tele galega por represaliar xornalistas

Varios colectivos presentan no Parlamento de Galicia unha iniciativa lexislativa popular que pretende garantir o pluralismo ideolóxico e a pluralidade informativa dos medios públicos en mans da Xunta

Proportion
Luzes31 Xullo, 2024

Rectificación da CRTVG

A Compañía de Radio Televisión de Galicia emite unha nota de rectificación sobre unha noticia sobre sentencias laborais e contra a neutralidade informativa.

Proportion
Juan Oliver30 Xullo, 2024

A oposición galega alerta contra a lei coa que Rueda quere tomar o «control absoluto» da TVG

O Partido Popular quere cambiar o sistema de designación do director da CRTVG para poder nomealo sen necesidade de pactalo co resto de grupos do Parlamento de Galicia

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail