Etiqueta: Alfonso Sánchez Izquierdo

Proportion
Juan Oliver18 Xullo, 2024

Feijóo abunda nas súas mentiras: o director da TVG que el nomeou non era o candidato do PSOE

Alfonso Sánchez Izquierdo, imputado por acoso e quen ocupa o cargo irregularmente desde hai máis dunha década, é o ideólogo da conversión dos medios públicos de Galicia en altofalante dos gabinetes de prensa da Xunta e o PP.

Proportion
Juan Oliver9 Xullo, 2024

A xuíza que imputou por acoso o director e sete mandos da tele galega amplía a querela ao xefe de recursos humanos

A maxistrada estende tamén os feitos polos que investiga ao subdirector de informativos, Alejandro López Carballeira, e ao coordinador de seguridade e saúde laboral, Manuel Casás Macía.

Proportion
Juan Oliver21 Febreiro, 2024

O director da CRTVG declara como investigado por un presunto delito de acoso laboral

Alfonso Sánchez Izquierdo e sete membros do seu equipo directivo están imputados polos abusos e humillacións que sufriu unha traballadora que perdeu un xuízo contra a empresa.

Proportion
Juan Oliver31 Xaneiro, 2024

O moderador do debate electoral da TVG declara este mércores como investigado por acoso laboral

Unha xuíza de Santiago investiga ao director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, e a sete xefes por un presunto de lito de acoso moral e contra os dereitos laborais dunha xornalista

Proportion
Juan Oliver11 Xaneiro, 2024

Os traballadores da TVG piden a dimisión do director xeral por manipular noticias sobre a marea plástica

A Radio Galega borra os tuits nos que identificaba como operario ao alto cargo ao que entrevistou a pé de praia.

Proportion
Juan Oliver23 Xuño, 2023

Así armou a televisión galega a estratexia de desprestixio e acoso contra unha xornalista crítica

O perito xudicial cre que a profesional está sometida desde fai cinco anos «a un proceso grave de acoso laboral» polo que o director xeral da CRTVG e outros sete altos cargos están imputados por dous delitos por un xulgado de Santiago.

Proportion
Juan Oliver11 Maio, 2023

Os traballadores da CRTVG volven á folga no arranque da campaña contra a manipulación do PP

Acusan á dirección, que encabeza Alfonso Sánchez Izquierdo desde que Feijóo o nomeou a dedo hai 14 anos, de poñer os medios de comunicación públicos ao servizo dos intereses electorais dos populares.

Proportion
Juan Oliver25 Abril, 2023

Mayte Cabezas, represaliada na TVG por dicir que Feijóo mentiu ás vítimas do terrorismo: «Prefiren xente dócil e sen criterio»

«Nun acto da Garda Civil no trinta aniversario do asasinato do meu pai Feijóo colleume dos ombreiros, miroume aos ollos e díxome que se ía a implicar persoalmente para que a lei a saíse adiante. Seguimos sen ela»

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público8 Novembro, 2022

A TVG camufla nunha noticia de 35 segundos a marcha contra a manipulación nos medios públicos

A información sobre a multitudinaria marcha en Santiago contra o uso partidista da CRTVG a favor do PP emitiuse sen declaracións nunha cola ao final do informativo de mediodía e apenas ocupou 20 segundos no da Radio Galega.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público28 Xuño, 2022

A sentenza que condenou a CRTVG por persecución política xa é firme

O medio público non recorre o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que a condenou por sancionar ilegalmente ao xornalista Carlos Jiménez, que se significou na denuncia da manipulación informativa nos medios públicos

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail