O bosque dos cromosomas
Paquito e a parteira (Historia baixo un paraugas)
Abrir un álbum familiar é sempre viaxar á eternidade detida un intre, aquel preciso instante en que alguén decide atrapar o decorrer da vida, para acariñala sobre unha superficie de nitrato de prata. Na miña casa non había cámara de fotos. Era un luxo que non se podía permitir un…
29 de xaneiro nun SIMCA 1200
Os nacementos dos grandes heroes e heroínas ou seres semidivinos están sempre marcados por elementos e sinais extraordinarios. O poema sumerio que coñecemos como Epopea de Gilgamesh, datado cara ao segundo milenio antes da nosa Era, preséntanos a Gilgamesh coma un heroe á procura da inmortalidade, concibido e nacido en…
A medida do amor
Cando a comezos dos anos dous mil, a miña tía Lola albiscou o final dos seus días, na calma da pequena vila suíza de Wolphalden, onde vivira os últimos corenta anos a carón dos seus fillos, fixo unha estraña e cómica petición: «Cando morra, levaime enterrar a Castroncelos, que eu…
A vitoria do amor
Chegando ao final do ciclo anual, no meu lugariño, como en tantos outros de Galicia, a Noitevella dedicábase ás trasgadas, e era común, como fan os trasgos, cambiarlles de lugar as cousas aos veciños -carros incluídos-, de xeito que á mañá seguinte un sacho aparecera na fonte, unha gadaña no…
50047, o número áureo
O venres 1 de xaneiro de 1915, o diario pontevedrés Progreso, publica nas súas páxinas a nova: «Un chispazo del gordo en la provincia de Lugo». O xornal dá conta do suceso que tivo lugar no Nadal de 1914 nunha pequena aldea lucense, onde caeu o gordo da lotaría mentres…
O ouro do tempo
Entre os tesouros do pasado, ás veces case ilexibles, temos case todas e todos nós, as «escrituras» da casa. Gardadas e protexidas en maletas de coiro ou madeira, en pequenas caixas baixo das camas ou no fondo dos armarios, nos faios ou nos sequeiros, esas escrituras foron para os herdeiros…
Retrato de familia
Un día indeterminado do ano 1930 chegou á aldea un fotógrafo ambulante cos seus trebellos fascinantes para inmortalizar o visible. Era un compañeiro de oficio de Francisco Zagala, Pacheco, Ksado, ou José Gil y Gil, fotográfos da Galicia rural daquelas primeiras décadas do XX, cando aínda era Idade Media no…
Vilarmao: De todo o visible e o invisible
Cando era aínda moi nena aprendín, por imperativo escolar e familiar, as oracións cristiás, as ladaíñas, as longas chairas paralelísticas dos salmos, aprendín de memoria o ritmo do rosario e o seu abellón nocturno. Mais de entre todos eses estraños rituais verbais, foi o credo vello o que produciu en…
Antonio de Chiqué. Un tango porta por porta
Nun lugar querido e central do meu bosque de cromosomas fica a memoria amorosa do «veciño porta con porta». Quen viviu ou vive nun pequeno lugar entenderá a profundidade emocional desta expresión, que aproxima simbolicamente na sintaxe o que na realidade convive tan de preto. Porta con porta pasaba o…
Meu pai, un tigre, unha pedra e un peite psicopompo
Foi meu pai un labrego traballador, sabio e imparable, que cría no poder dunha nube cargada de auga máis que no poder dun Deus ignoto, ao que só lle vin pregar unha vez, ante a inminente morte dunha vaca. Musitou unhas verbas, e logo dixo ante a miña mirada atea…