O bosque dos cromosomas

Amada sombra guímara

Arredor dos sete anos, a nena estraña marchaba á fonte á procura do frescor dos chopos para escribir en soidade. Arredor dos oito, meteuse na cacarocha dos castiñeiros para sentir a escrita no interior dunha árbore. Aos dez apertou o negrillo entre os seus brazos de sete voltas e amor.…

Samoeiro e o xirasol xigante

Que cada quen sexa de onde desexa. Esa é a única concepción da identidade que recoñece a máis profunda liberdade humana: a do lugar que habita sobre a Terra, máis aló de estirpes lexitimadoras de dereitos de abuso, máis aló do crime que supón unha fronteira, máis aló da burócrata…

A Pixota e as Garcillanas

Eu tiña un buratiño na zapatilla vermella, e víaseme a deda apuntando a humildade. A miña curmá Solange levaba zapatos ortopédicos, e a súa irmá, Amparito, levaba unhas bailarinas gastadas. Recordo exactamente aquel momento, sentadas nunhas escaleiras máxicas que non conducían a ningures pois remataban na alta parede de pedra…

O neno poeta

 Cando a comezos de 1915, a señora Maripepa de Vilarmao soubo que lle tocara a lotaría e as súas mans velliñas premían o décimo do número áureo, pensou en mercar un leiro, unha cama, un rico mandil de pelo de cabra e unha paraciña de xabón de olor. Dela dicían…

As Pereiras da libertaria

Era polo San Sidro, o 15 de maio do ano 1978. Eu tiña tres anos e fun cos meus pais á festa da Estación, xantar á casa dos meus tíos, como era costume. Aquela noite fiquei alí a durmir, para que, pequechiña como era, non tivera que volver de noite…

A bisavoa descalza

Estaba lavando no pozo de Saa unha peza de roupa cando ouviu tras de si un berro que lle pareceu deter a corrente da auga e escapoulle das mans a saia, que baixou aboiando río abaixo:             Manuela, Manueliña! Deixa todo, a mamá está morta, a mamá está morta! Manuela,…

Camarada avó Antonio

Eu nunca tiven un coliño do avó paterno. Endexamais ouvín a súa voz. Non sei con que pequeno alcume me chamaría con amor á súa aperta. Porque Antonio Novo do Casar foi para min sempre un misterio. Morreu cando meu pai era aínda un rapaz de 24 anos e eu…

Espérame no ceo

Espérame corazón, Si es que te vas primero, Espérame en el cielo... Soaba «Espérame en el cielo» na voz de Antonio Machín, no salón de baile da casa de Cantín, na aldea de Saa. No medio da canción, e exactamente ás nove en punto da noite foise a luz. Algunhas…

O neno de Castroncelos que separaba os minerais

Cos cartos da primeira comuñón mercáronme unha bici vermella, Rabasa Derby. Nela voaba eu aos sete anos por unha estrada sen asfaltar, entre coios graníticos, ata o veciño lugar de Castroncelos, nas terras de Brollón. Ía á cantina do Adreano mercar un quilo de azucre, de pemento picante, un anaco…

A señora Aurora era Boreal

Estamos a finais do ano 1895. Na pequena cidade rusa de Oriol puido verse unha fermosa aurora boreal mentres nacía un meniño chamado Mijaíl Bajtín, que chegaría a ser un dos grandes teóricos da literatura no século XX. Xusto catro anos máis tarde, ao bordo mesmo do tránsito de século,…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail