Novas

Povisa, o outro modelo de negocio de Ribera Salud para lucrarse coa sanidade pública en Galicia

O hospital vigués propiedade da multinacional de Pablo Gallart acaba de subir un 16% o prezo do convenio coa Xunta polo que atende a máis de 112.000 usuarios da sanidade pública galega

Franquista, machista, infiel, ególatra e defraudador: memorias dun rei non tan campechano

O exxefe do Estado considera «vinganza» as leis de memoria democrática, admite a súa veneración por Franco e atribúese o mérito da transición: «A nova democracia española, a miña obra».

O PP boicotea en Ferrol a reposición dunha placa na honra de Pablo Iglesias destruída polos fascistas

O PSOE acusa o Concello de querer invisibilizar a réplica dun monumento ao fundador do partido e da UXT, retirado polos franquistas en 1936, situándoo nun lugar apartado e de difícil acceso.

Máis docentes, menos fracaso: un informe financeiro mostra como o investimento en profesores reduce o abandono escolar

A Xunta logrou rebaixar a taxa de saída temperá de alumnos e alumnas do sistema educativo a pesar de que deixou sen executar máis de 42 millóns de euros orzados para programas destinados a combatela.

Enfermos en padiola durante cinco horas nos corredores: novo colapso nas urxencias do hospital público de Santiago

Os usuarios denuncian que o Sergas os obrigou a permanecer en padiolas e cadeiras de rodas en corredores e salas sen a máis mínima intimidade, a pesar de que o centro tiña máis de 200 camas libres.

Cláudia Morán, Marta Otero e Marta Veiga, premio Sesé Mateo de xornalismo ético por unha reportaxe en Luzes sobre violencia machista

Redondela falla o galardón que premia o tratamento xusto da violencia machista en memoria da activista asasinada pola súa exparella en 2017.

«Búscase terrorista»: Oleiros ofrece medio dólar para sentar a Trump ante a xustiza penal internacional

Os luminosos municipais anuncian o presidente de EEUU como «terrorista internacional» nun concello gobernado por un rexedor que fora vixiado pola CIA pola súa afinidade con Fidel Castro.

Air Europa anula o protocolo que lle permitía ao seu persoal non traballar en voos con orixe ou destino en Israel

O sindicato de tripulantes de cabina (Sitcpla) denuncia que a Air Europa lle importa máis o diñeiro que a seguridade das súas traballadoras.

Sete partidos impulsan unha lei para obrigar os xuíces a coñecer o catalán, o éuscaro e o galego

BNG, Compromís, Comuns, EH Bildu, ERC, MÉs per Mallorca e PNV pactan unha proposta lexislativa para garantir o dereito a usar ambas linguas cooficiais nas comunidades onde exerzan

Señora de Meirás, duquesa de Franco: así tratou Juan Carlos de Borbón de lexitimar a herdanza do ditador

Dous días despois da súa coroación en 1975 tras a morte do tirano, o rei distinguiu a súa viúva e a súa filla con senllas distincións nobiliarias que incluían entre as súas prebendas o uso de pasaporte diplomático.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail