Novas

Unha empresa de telemarketing vinculada ao cuñado de Feijóo facturou á Xunta 9,7 millóns para rastrexar casos de covid

Universal Support, sen vinculación co sector sanitario, foi a máis beneficiada en 2021 polos contratos de emerxencia do Servizo Galego de Saúde con cargo ao fondo extraordinario para combater a epidemia en Galicia.

Case un terzo dos electores galegos informáronse da campaña das autonómicas a través das redes sociais

O 42% de quen usaron Internet para buscar información electoral preferiron redes como X e Facebook, moi preto do 45% de quen optou polas webs dos medios de comunicación convencionais.

O Senado convoca a Baltar o vindeiro mércores para decidir se levanta a súa inmunidade

A Comisión de Suplicatorios da Cámara Alta inicia os trámites para suspender o aforamiento do expresidente da Deputación de Ourense para que o Tribunal Supremo poida xulgalo por conducir a 215 km/h.

Altri, a fábrica de celulosa apadriñada pola Xunta e José Blanco que pon en pé de guerra a dúas comarcas galegas

Veciños e ecoloxistas alertan de que a planta devorará cada ano 1,2 millóns de toneladas de eucalipto, extraerá 46 millóns de litros de auga ao día do río Ulla e devolverá outros 30 millóns de litros depurados pero aínda contaminados.

Un ensaio recupera a figura e a memoria de Jorge Semprún no seu centenario

José Manuel Sande relaciona en «Toute a mémoire du monde. O cinema de Jorge Semprún» a vida e a obra do combatente, infiltrado clandestino, escritor, cineasta, librepensador e exministro.

O Senado recibe o suplicatorio do Tribunal Supremo para xulgar a Baltar por circular a 215 km/h

A Cámara Alta deberá convocar á súa Comisión de Suplicatorios, que emitirá un ditame que o pleno votará en sesión secreta para decidir se levanta ou non a inmunidade ao expresidente da Deputación de Ourense.

Vinte anos do 11M e das mentiras que inauguraron a era de negación da verdade e os discursos de odio

A teoría da conspiración sobre os atentados urdida pola dereita política e mediática de España foi o antecedente do uso das 'fake news' como ferramenta electoral

Xornalistas Galegas, a asociación que defende unha perspectiva de xénero no traballo xornalístico

A organización compila máis de medio centenar de pezas informativas de medios de todo o Estado que consideran exemplo de xornalismo con perspectiva feminista.

A instrutora do caso Baltar no Supremo reclama ao tribunal que pida o suplicatorio ao Senado para poder xulgalo

A maxistrada considera que existen «indicios racionais de criminalidade» contra el por circular a 215 km/h co seu coche oficial cando era presidente da Deputación de Ourense.

Unha investigación liderada pola UDC Alerta da depresión social nos territorios afectados pola descarbonización

O estudo, financiado con 3 millóns de euros e coordinado polo catedrático Ricardo García Mira, advirte das implicacións psicosociais dos procesos de despoboamento e desindustrialización que acompañan á transición enerxética.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail