Novas
Nostián, a decadencia do gran proxecto verde da Coruña
Os traballadores, sen convenio colectivo desde xaneiro de 2020, acaban de denunciar que a factoría deixou de reciclar o lixo que os coruñeses segregan nas súas casas, pola escaseza de persoal.
Un outono contra o amianto
Neste ano que se cumpre o 50 aniversario dos sucesos de marzo de 1972, hai que dicir que moitos dos seus protagonistas faleceron por causa do amianto e da enfermidade da asbestose. O 14 de setembro, no centro Carvalho Calero de Ferrol haberá unha mesa informativa.
O PP construíu piscinas co diñeiro europeo destinado a rexenerar augas contaminadas
O Goberno de Mariano Rajoy orzou máis de medio millón de euros destinados pola UE para rexenerar o pantano ourensán das Conchas a un complexo acuático recreativo.
Décimo cuarto curso con libros de texto de pago desde que Feijóo eliminou a gratuidade
Sindicatos e oposición critican que o líder do PP propoña agora para todo o Estado unha medida coa que acabou ao chegar á Presidencia da Xunta, en 2009. Tamén denuncian recortes no profesorado e obras sen rematar nos colexios.
As Meninas de Canido: qué é a arte máis que comunidade?
Esta iniciativa, iniciada polo artista Eduardo Hermida en 2008, está detrás dunha reconversión non só física, senón tamén imaxinaria deste barrio ferrolán que hai dúas décadas estaba de capa caída. Como Ferrol, agora Canido mola.
O Casino somos todas
Unha asociación da localidade coruñesa de Carballo leva catro anos loitando para salvar da especulación urbanística o proxecto sociocultural que desenvolve en torno ao antigo e clasista club do pobo.
Alfonso Rueda, cento e pico días á sombra de Feijóo e sen proxecto para Galicia
Tal é o grao de continuísmo de Rueda desde que se foi Feijóo que mesmo dá a impresión de que o seu sucesor segue sendo vicepresidente, e non presidente do Executivo galego.
Consúmase a destrución do muro medieval de acceso a San Pedro de Rocas
Arqueólogos, historiadores, e defensores do patrimonio histórico e natural denunciaron que a Deputación de Ourense consumou a destrución do muro medieval do mosteiro de San Pedro de Rocas que alberga a igrexa rupestre escavada en pedra máis antiga de Galicia.
A inconsistencia do discurso de Feijóo sobre o aforro enerxético debilita a súa posición no PP
As contradicións do líder do Partido Popular provocan que as comunidades populares ofrezan discursos dispares sobre as medidas do Goberno, desde o «Madrid non se apaga» de Ayuso ao «consenso» de Rueda para algo que «todos poidan cumprir».
A Xunta cumpre sete anos sen regular a caza nas estradas rurais
Comprometeuse en 2015 a modificar a lei que permite portar armas cargadas e usalas na contorna de vías asfaltadas non sinalizadas.












