Novas
Os incendios cuestionan o modelo de xestión forestal de Feijóo e Rueda
A comunidade viu arder máis do 15% da súa superficie forestal en apenas 16 anos a pesar das partidas da Xunta en prevención e extinción, que suman máis de 1.231 millóns desde 2017.
Da foto da mangueira ao terrorismo incendiario: o relato sobre o lume que define a Feijóo
O líder do PP construíu un argumentario propio sobre os incendios que se iniciou hai 35 anos co seu primeiro cargo político na consellería de Fraga que tiña as competencias en prevención e extinción do lume.
Só un 2,8% dos cidadáns cren como Feijóo que as vacacións están sobrevaloradas
Segundo o CIS, o descanso vacacional e o tempo libre son moi ou bastante importantes para o 90,8% dos cidadáns, mentres que quen pensa que son pouco ou nada relevantes non superan o 3%.
Oleiros, ou como presumir de alcalde comunista no concello máis rico de Galicia
No municipio galego con maior renda por persoa goberna desde hai 40 anos unha formación veciñal que basea o seu proxecto na xustiza social e a protección da contorna fronte á especulación inmobiliaria.
Miguel Tellado, o tiburón galego de Feijóo para preparar un Goberno con Vox
O perfil do novo secretario xeral do líder do PP, un depredador político que o acompaña desde hai máis de dez anos, augura unha estratexia de liña dura de aproximación á ultradereita.
Maxsoud Luiz: «As imaxes do meu fillo morrendo unha e outra vez en todas as televisións están a matarnos»
O pai do mozo vítima dun asasinato homófobo hai catro anos na Coruña narra o sufrimento engadido da súa familia polo tratamento mediático do caso.
Luzes colabora coa sexta edición de La Uni Climática
Se tes unha subscrición á Revista Luzes, terás un 50% de desconto nesta formación centrada en buscar solucións para reducir a crise climática e a perda de biodiversidade.












