Novas
O BNG denuncia que o PP se alía coa ultradereita en Bruxelas para vetar os opositores a Altri
A eurodeputada nacionalista galega Ana Miranda considera «un escándalo» o apoio do PP aos 250 millóns de euros de fondos europeos cos que a empresa portuguesa quere financiar a súa celulosa.
«Dato mata relato»: a resposta social sitúa a Altri como o debate máis relevante en Galicia en 25 anos
A oposición á macrocelulosa vai gañando paso a paso a batalla argumental á multinacional lusa e á Xunta a pesar de ter na súa contra os medios públicos e a prensa privada que Rueda rega con axudas
De Negre ao curioso caso de «El Catón Compostelano»: os malabares da Xunta para untar medios afíns
Feijóo e Rueda entregaron en 16 anos máis de 50 millóns á prensa conservadora e de extrema dereita co mesmo sistema de axudas discrecionais e convenios a dedo que puxo en marcha Fraga.
As traballadoras de dez teles autonómicas únense contra a manipulación e as privatizacións
Os comités de Andalucía, Asturias, Castela A Mancha, Catalunya, Euskadi, Estremadura, Galicia, Illes Balears, Madrid e País Valencià non descartan un paro xeral contra a manipulación e as privatizacións.
A Xunta compra 425.000 exemplares de xornais afíns ao PP para repartir en colexios e institutos
Baixo supostos convenios sen ánimo de lucro para fomentar a lectura de prensa, o Goberno de Alfonso Rueda camufla axudas de 300.000 euros a cinco empresas editoras de diarios en castelán.
Artigos a 4.800 euros: os convenios con diarios afíns ao PP camuflan axudas da Xunta sen xustificar
As consellerías de Alfonso Rueda disfrazan como acordos sen ánimo de lucro axudas millonarias aos grandes editores de prensa escrita que se tramitan a dedo e sen concurso público.
Rueda deu nun ano 15 veces máis diñeiro a medios en castelán que aos que só usan o galego
«La Voz de Galicia», principal beneficiaria das axudas e convenios a dedo da Xunta, tivo 45 veces máis ingresos de diñeiro público que «Nós», o único diario publicado integramente na lingua da comunidade.
O BNG advírtelle ao PSOE que reformulará o seu apoio ao Goberno se aproba as axudas para Altri
O ministro de Industria insinúa que o proxecto da celulosa podería non cumprir os criterios ambientais necesarios para optar a máis de 200 millóns dos fondos europeos para a descarbonización
A Xunta xa deu tres millóns de euros a dedo a diarios afíns ao PP no primeiro ano de Rueda
«La Voz de Galicia» levou máis de millón e medio de euros desde febreiro de 2024 a través de convenios bilaterais e axudas directas ao diario, á súa páxina web e á súa canle de radio
Os opositores a Altri anuncian protestas e recursos xudiciais contra o permiso ambiental da celulosa
As organizacións ecoloxistas, veciñais e de mariscadoras acusan o Goberno de Rueda de desatender o interese xeral para defender o beneficio da multinacional papeleira portuguesa.