Etiqueta: feminismo

Proportion
Juan Oliver8 Xuño, 2026

O Consello da Cultura Galega rescata a memoria do feminismo galego nun arquivo dixital pioneiro

Máis de 20 anos de traballo permitiron reunir e poñer ao dispor do público preto de 1.600 documentos de organizacións feministas galegas que poden consultarse libremente en internet

Proportion
Antía Paz26 Maio, 2026

O cincuenta por cento

Marcha Àngels Barceló da Cadena Ser, a única voz de muller nesa banda horaria. Cando lles falen de que xa non son precisas políticas de paridade nos lugares de traballo, poñan a radio.

Proportion
Mara Mahía20 Febreiro, 2026

Salma

Os machistas violadores, asasinos e maltratadores son homes que pensan que a moza, ou a esposa, é da súa propiedade. Son reis ananos que levan o veleno do machismo dentro. E cando non son adorados, só saben matar.

Proportion
Juan Oliver11 Xaneiro, 2026

Alba Tomé, activista feminista, xornalista e escritora: «A vinganza é marabillosa»

A xornalista de Vilagarcía (Pontevedra) retrata en «As humidades», a súa primeira novela e finalista do premio Illa Nova da Editorial Galaxia, a violencia machista desde o punto de vista infantil.

Proportion
Luzes1 Decembro, 2025

O pasado viril, o futuro feminista

A manosfera non é unha moda pasaxeira. Non é unha carallada efémera de Internet. Esa miríade de foros, webs e youtubeiros cavernosos, xunto coa subcultura «invisíbel» dos machochats, teñen como estupefaciente enerxético común a xenreira á muller, e en especial, á muller concienciada.

Proportion
Mariña Losada (IG: @miss_nowhere_girl)20 Novembro, 2025

O caso dos perfís morados

Fotos de perfil de cor morada chaman a atención sobre o altísimo número de feminicidios en Sudáfrica. Women for Change organizou unha protesta masiva que cadra co cumio do G20 en Johannesburgo. Din que non se pode falar de progreso mentres a violencia contra as mulleres siga tan normalizada.

Proportion
Olalla Rodil6 Xuño, 2025

Alfonso Villares como síntoma

Rodeado de toda a Consellaría, Villares marchou entre aplausos afirmando que o facía para poder defenderse. Vendo a comparecencia é imposible non lembrar a Luís Rubiales aplaudido polo corpo da RFEF mentres denunciaba ser vítima dunha cacería. E menos mal que da súa agresión había imaxes!

Proportion
Mariña Losada (IG: @miss_nowhere_girl)27 Maio, 2025

Estados Unidos ou Gilead?

Adriana Smith leva tres meses en morte cerebral. En Georgia (EE.UU.), o feto de oito semanas que se atopaba no seu útero considérase unha persoa e, polo tanto, merece as proteccións legais que se lle conceden aos bebés xa nados. A familia, que non foi consultada no proceso, continúa loitando mentres intentan recadar fondos (si, teñen que pagar todo isto).

Proportion
@todomalva8 Maio, 2025

Só unha rapaza

Como parecer guapa sen esforzo sen que os demais saiban que me esforcei por parecer guapa? Son guapa? Son guapa como unha fada, unha serea, una bruxa ou unha vampira? Por favor, dime que son guapa.

Proportion
Mara Mahía7 Marzo, 2025

A insoportable escravitude de ser muller

Vestiamos como visten as mulleres tradicionais heterosexuais, sempre con faldras, maquillaxe, tacóns e o pelo longuísimo. A sociedade provinciana berce do ditador anano instruíanos nun papel de «mulleres» que tiñan que ser dóciles e levar roupa pouco apta para rubir polas árbores. O día no que me decatei de que a miña identidade de muller non tiña que cumprir ningún deses requisitos volvín nacer

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail