Etiqueta: feminismo

Proportion
Antía Yáñez3 Outubro, 2023

Todos os Rubiales que nos rodean

Tras o profesor demasiado cariñoso, atopouse co xefe en exceso garatuxeiro. Ela podería ser calquera. E se isto fose unha lista, as mulleres que a len poderían marcar varias cousas como parte da súa biografía. Mentres, todos os Rubiales que nos rodean seguen sen entender nada.

Proportion
Mara Mahía2 Outubro, 2023

Grazas Cristina Fallarás, grazas Ana Orantes, grazas Jenni Hermoso, etc

Habería que gardar para a eternidade as palabras destas mulleres que sobreviviron para que poidamos lembrar quen foron as heroínas que sufriron e fixeron públicas as súas torturas para sacarnos da prehistoria.

Proportion
@todomalva21 Setembro, 2023

Medra o clube das adolescencias roubadas

Non é normal que haxa un xénero musical enteiro de mulleres mirando a romances pasados con homes máis vellos. Non é normal que medre este clube de adolescencias roubadas.

Proportion
Mara Mahía28 Agosto, 2023

Un país Hermoso

As mulleres e moitos homes feministas deste país estamos máis que fartas. Sen dúbida o escenario mundial que elexiu o bruto para salir do closet dos trogloditas é a proba perfecta, imposible de ignorar, para cesar dunha vez a este pillabán.

Proportion
@todomalva21 Xullo, 2023

Cando as rapazas que berran baixan a voz

Moitos homes queren unha muller que fai ruido, que berra, que ocupan espazo, que brillan, única e exclusivamente para convertilas nalgo que non son (...) El xa sabía que muller era ela antes de que comezaran a saír, pero a graza estaba en convertila noutra diferente.

Proportion
Antía Yáñez18 Xullo, 2023

Non teño a cona para muiñeiras

A todos eses que non teñen nin idea do que é pasar por un embarazo, resumiríallelo ben coa frase «Non teño a cona para muiñeiras». En maiúsculas. E nunca o suficientemente grandes.

Proportion
Mara Mahía13 Xullo, 2023

O voto haraquiri

Só dicirlles que lles garantizo que ás mulleres, teñamos vaxina ou non, vánnos violar, abusar e matar con impunidade e moito máis rápidamente se o fascismo chega ao poder, aquí ou en Alemaña.

Proportion
Fernando Choucinho3 Abril, 2023

A choca da misoxinia dixital (Incels 3)

«Todos os intentos de crear movementos progresistas centrados na masculinidade e a deconstrucción dos roles de xénero mudaron na celebración de todo o masculino e na obsesión cos roles tradicionais dos homes».

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público25 Novembro, 2022

As dependentas de Inditex paralizan as tendas da Coruña para esixir igualdade de condicións cos homes

A folga que celebran desde onte tivo un masivo seguimento entre o persoal de comerciais, que forman unhas 1.300 persoas das que a inmensa maioría son mulleres.

Proportion
Ana Luísa Bouza Santiago17 Novembro, 2022

Lei de liberdade sexual

Nada impedía no pasado que os tribunais entenderan que o consentimento debe manifestarse libremente e expresarse claramente, e nada impedirá que nalgún caso no futuro interpreten nesgadamente o novo literal, aínda que sexa forzando a interpretación.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail