Un país Hermoso

O Rubiales máis chulo e machirulo dixo que non. O repetiu varias veces ata que seus coleguitas aplaudíronlle. Dixo que era a vítima, mentiu e tamén dixo que vai verter medio millón anual para pagar a ese entrenador, caladiño e falso, que as xogadoras non querían.  Eu non esperaba menos de este pillabán. Como vai querer marchar dun traballo onde se premia ao machismo trasnoitado e aínda se lle paga unha loucura de cartos por tocarse os ovos? Ás veces o mellor é mirar as cousas desde lonxe, porque desde cerca todo parece turbio. Desde onde eu estou (ata que Rubiales tomou protagonismo) España é un país cool, moderno e popular. Ten dereitos humanos, os gais podemos casar, ter ou adoptar fillos, os trans poden ser trans, ten moitísimo feminismo loitador, as mulleres son campioas do mundo en fútbol, ten sol, ten boa comida, ten dúas Rosalías, etc. Claro que se me achego un pouco, tamén ten a institución medieval da monarquía, a matanza dos touros, o machismo, a brutal violencia de xénero, a extrema dereita co seu franquismo que non quere morrer, a corrupción rampante, os aristócratas que seguen mamando dos seus apelidos, unha prensa deportiva de merda, a outra prensa da dereita, dos bancos, os oligarcas e as babecadas, e os pillabáns como o Feijóo que se codean cos capos da mafia, o Rubiales, etc. Máis inda así, nalgunhas cousas España é de verdade un país que desde o meu catalexo é unha marabilla, un paraíso de modernidade. E non é sorna,  estou convencida de que os cimentos dunha terra honesta sempre estiveron aí. A pesar de verlle os dentes podridos ao último esperpento do machismo máis rancio, coa súa mostra dun patriarcado que algúns homes de non queren o non poden entender, representado nas barbaridades do señor Rubiales, tamén vimos a tremenda solidariedade de moitísima xente.

O comportamento do Rubiales non é unha brincadeira entre amigos. Non podemos ceder ni un milímetro do territorio feminista, igualitario, gañado. Este comportamento non é un chiste de mal gusto que, coas portadas cómplices do diario AS e os pseudoxornalistas cavernícolas, podería quedar en un barullo que, unha vez máis, permitiría ao patriarcado seguir ascendendo ata a porta de San Pedro. Este comportamento é un crimen (a ver se lles entra na cabeza dunha vez). Un xefe bicando a unha empregada ten que ser despedido. É abuso de poder IMBÉCIL! As mulleres e moitos homes feministas deste país estamos máis que fartas. Sen dúbida o escenario mundial que elexiu o bruto para salir do closet dos trogloditas é a proba perfecta, imposible de ignorar, para cesar dunha vez a este pillabán. O señor Rubiales e os seus coleguiñas non poden ter un traballo no eido público. Unha vez fóra do cargo, tócalle decidir á lei qué facer con este delincuente. Ao mellor, seguramente, terminará como o emérito, escapando para esa terra onde o crimen organizado, disfrazado de relixión fundamentalista, mata e abusa canto quere. Pero no país futuro que teño na mente desde a miña infancia (cando imaxinar un lugar así era como ter unha recomendación médica para entrar nun manicomio) xa nin hai espazo para farsantes como estes, senón para a xente que, desde o domingo pasado, apoiou sen dúbidas á xogadora Hermoso, incluíndo, claro, a ela mesma e a súa denuncia que fixo a través dun sindicato. Estes cidadáns honrados forman esa España moderna, democrática, pensante, responsable, feminista e igualitaria dos meus soños presentes e futuros. Un país do que se pode estar orgullosa e que se pode ver ben, xa sexa con lupa ou con catalexo ou nun millón de pantallas por todo o planeta. Aproveitemos que o mundo enteiro viu o crime, que agora está mirando para nós e tamén escoitaron as verbas machirulas e arrogantes dese delincuente. Fagamos memoria. Xa aguantamos 40 anos baixo a batuta dun psicópata ignorante. Temos forza dabondo.

Demostrárono tamén as mulleres da Selección (todas elas, as que foron a Australia e as que non) gañando baixo a dirección dun macarra impresentable e un entrenador que, no avión de regreso tratando de confundir a víctima, saíu fóra do closet dos trogloditas. Recordemos que a decencia dunha terra non e pode eliminar por moita merda que lle boten os peores moinantes dos seus paisanos. A estes hai que enterralos para sempre fóra da vista do público. A integridade dunha cultura non pode medrar se non descabezamos a corrupción. Unha casa no funciona se as cañerías están atascadas, cheas de lixo e bestas. Poderiamos comezar a reconstrución deste país Hermoso, botando fóra aos pérfidos da Federación de fútbol, aos machistas de mafias como os Rubiales e compañías. Xa está ben, e logo veremos a quen lle toca despois.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail