Categoría: Manifesto

Proportion
Luzes3 Febreiro, 2026

A esperanza de vida e o narcisismo tirano

Non preocupa a mortalidade dos comúns, e máis aínda se son migrantes ou indíxenas ou «subhumanos». O triunfo da cobiza neoliberal desembocou nesta época do «individuo tirano», coa ideoloxía dun narcisismo fascista. O que obsesiona a estes supremacistas endeusados é a súa saúde, a súa lonxevidade.

Proportion
Luzes5 Xaneiro, 2026

Borrar a historia, controlar o futuro

Dominar o relato do pasado é un xeito de apreixar o futuro. Un exemplo de atropelado borrado da historia témolo en Galicia, en tempo ben recente que semella que non existiu. A experiencia de Goberno de Coalición, o chamado Bipartito, entre o 2005 e o 2009, veu romper o tabú de que en Galicia nunca gobernaría a esquerda.

Proportion
Luzes1 Decembro, 2025

O pasado viril, o futuro feminista

A manosfera non é unha moda pasaxeira. Non é unha carallada efémera de Internet. Esa miríade de foros, webs e youtubeiros cavernosos, xunto coa subcultura «invisíbel» dos machochats, teñen como estupefaciente enerxético común a xenreira á muller, e en especial, á muller concienciada.

Proportion
Luzes4 Novembro, 2025

Antígona e a ira de Trump

Podemos definir o pulso dun período histórico polo tipo de discurso dominante. Vivimos un tempo de arenga. A primeira munición na guerra é a do odio. O encirrar ao máximo, até que as palabras boten fume. Frases con mecha curta. Sen interrogantes, sen matices. Estoupando como onomatopeas entre interxeccións.

Proportion
Luzes1 Outubro, 2025

Os megaincendios e a inmolación rural

O afundimento do medio rural é unha derrota para todo o país. Pensar que o benestar urbano vai ser compatíbel co desleixo cara ao rural, ese «ir afacéndose», ese fatídico laissez faire,  é algo máis que ignorancia e incompetencia. É unha política do dano, do maltrato, que queima á sociedade no seu conxunto.

Proportion
Luzes3 Setembro, 2025

Nós non estamos de acordo

A suma dos negacionismos climático, da violencia de xénero, da diversidade cultural, do Holocausto, da memoria histórica... Trump, Netanyahu, a Internacional Ultra... As cousas está mal. Pero hai unha constelación de xentes e de pobos que non está de acordo. A Declaración Universal dos Dereitos Humanos é hoxe un texto máis revolucionario que nunca.

Proportion
Luzes3 Agosto, 2025

A lingua bate onde doe o dente

Ter unha lingua propia é un recurso impagábel. Sábeno ben países avanzados, grandes e pequenos. Que vale o galego para a actual Xunta? En Educación destínanse dous euros ao ano por alumno para a teórica «potenciación» do galego. Iso é o prezo da lingua. A esmola de dous euros.

Proportion
Luzes7 Xullo, 2025

A causa das causas, o caso dos casos

Aquel conselleiro, Alfonso Villares, que despachou cunha brincadeira a crise ambiental na beiramar galega, puido comprobar o ben que funcionaba esa especie de Decisionismo autóctono. O importante é saber quen manda aquí. E o que manda vén sendo a palabra de orde.

Proportion
Luzes20 Abril, 2025

Cando os nazis bombardearon o Museo Reina Sofía

Cando un contempla o Guernica, e pensa no horror das guerras, dáse a casualidade de que está xusto nun deses lugares do horror. En todo o Museo non hai nada, nin unha pequena placa, que lembre este feito histórico do bombardeo nazi. Dos mesmos que destruíron a Gernika real.

Proportion
Luzes11 Marzo, 2025

O Inferno como reality show

Hai quen considera que un xeito de resistir a Trump é ignoralo no posíbel. El e os seus sulfatadores non paran de fumigar a atmosfera con produtos que teñen o efecto nos humanos do nefasto neonicotinoide sobre as colonias de abellas melíferas. Mais a alternativa non é non falar do trumpismo. Un apagón doméstico non fai desaparecer as cousas que avultan na escuridade.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail