Categoría: Cabeza de turco

Proportion
Lois Alcayde Dans14 Febreiro, 2023

A incomparecencia do público

O neoliberalismo que traballa detrás do veludo converteu o público en organismo incomparecente: sen axudas, sen financiación, infindos tempos de espera e, no último lugar, o risco da morte.

Proportion
Lois Alcayde Dans1 Decembro, 2022

Cartografía dun novo mundo: A Coruña das Casares Quiroga

A Coruña de entre 1880 e 1955 é a cidade-bisagra do progreso, do modernismo e do contacto co mar, mais tamén do ebulir e da forza dun proletariado en auxe. Imaxinamos ás Casares Quiroga, habitantes prodixiosas dunha urbe que quería ser tamén prodixiosa, con calidade democrática de vida e, aínda embaixo do réxime ditatorial, vizosa na súa proposta urbana.

Proportion
Lois Alcayde Dans10 Novembro, 2022

O pé cambiado

Que ironía, aquelas ideas xermoladas nos 1980 como «valedoras da democracia» andan a dicirlle á democracia que, de non saír elas, antes perder a democracia que perder o poder.

Proportion
Lois Alcayde Dans20 Outubro, 2022

Falando coa miña avoa

Ese medo da doutrina liberal é tamén o medo que ve miña avoa todos os días pola televisión. Medo á okupación. Á inmigración. A Cataluña. Incluso ás caídas de infraestruturas nos lindes entre Galicia e Asturias. A política do medo deulle medo á miña avoa, tan social, tan cristiá. 

Proportion
Lois Alcayde Dans6 Outubro, 2022

Un taxi baleiro

Escápaseme, porén, Rueda. Imaxinen que ese home se dirixe, como ocorría aquel día, hai non moito, cara a unha concentración que berra o seu nome. Pero na concentración non hai náuticos, non hai camisas fóra dos pantalóns e pulseiras da bandeira de España. Hai bandeiras da CNT, protesta e ruído, todo aquilo que semella extraterrestre. E no medio está Rueda.

Proportion
Lois Alcayde Dans22 Setembro, 2022

Lugares en común

Durante algúns anos dos meus estudos na universidade fixen uso cotián do tren. Recoñeces o funcionariado, os ocasionais, os outros estudantes e os turistas. E velaquí o máis fermoso do tren: a posibilidade de falar.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail