Categoría: Mara Mahía

Proportion
Mara Mahía3 Marzo, 2026

O ‘lagarto’ noxento

Cando un varón accede a un posto político, militar ou policial, outórganlle un superpoder (unha aura que só ven entre eles) que lles dá licenza para facer e desfacer segundo lles saia da entreperna.

Proportion
Mara Mahía25 Febreiro, 2026

Farta dos fascistas

Moito se fala das causas do ascenso do fascismo. Uns din que é unha reacción á falta de traballo, ao estado da economía, ao problema da vivenda..., pero eu penso que o ascenso do fascismo no mundo e no noso país en particular ten moitísimo que ver coa perda do norte dos homes. O patriarcado demostra que antes de morrer xa nos mata.

Proportion
Mara Mahía20 Febreiro, 2026

Salma

Os machistas violadores, asasinos e maltratadores son homes que pensan que a moza, ou a esposa, é da súa propiedade. Son reis ananos que levan o veleno do machismo dentro. E cando non son adorados, só saben matar.

Proportion
Mara Mahía27 Xaneiro, 2026

Isto é América

Poderíase pensar que fan as cousas segundo lles peta, pero os sucesos dos últimos dias en Minneapolis proban unha trama diferente. O asasinato de Alex Pretti, un cidadán desarmado que protexía unha muller a mans do ICE, pon de manifesto que a nova orde ten un plan pensado con antelación e aleivosía.

Proportion
Mara Mahía7 Xaneiro, 2026

O emperador de Groenlandia

Oxalá que co que aconteceu en Venezuela espertemos dunha vez: co fascismo non hai diálogo. Cústame escribilo, pero o fascismo é guerra. Din que ao fascismo se lle gaña nas urnas, e tamén con educación, xustiza e igualdade. Pero cando un fascismo imperialista xa está gobernando, que se fai? Resistir. E a resistencia é loita.

Proportion
Mara Mahía26 Novembro, 2025

O señor das pesetas

O 20 de novembro tiña que ser unha data para celebrar: por fin morreu o tirano, longa vida á democracia! E, porén, agora vén o Tribunal Supremo e lémbranos que, aínda que o caudillo estea morto, as sentenzas inxustas e impensables nunha democracia séguenas asinando os mesmos.

Proportion
Mara Mahía19 Novembro, 2025

Vivan as tolas!

Non importa se queres vestir de enfermeira tola ou de monxa. Tanto dá se camiñas pola Gran Vía cunha orquestra de pasodobre detrás. O importante é recoñecer o traballo que te inspirou e non deixar de comunicar, de denunciar, de facer unha música xenial e impensable aínda que nos chamen apropiadoras ou tolas.

Proportion
Mara Mahía14 Novembro, 2025

Exrei nun reino de noxo

Só por vivir nun reino desta catadura moral, o goberno socialista debería prohibirlle a entrada no noso país. O ostracismo, o desterro político, ten que ser de novo un castigo para aqueles aos que a lei dunha monarquía constitucional, descendente dunha ditadura, non ten valor para levalos aos tribunais.

Proportion
Mara Mahía4 Novembro, 2025

Cousas das que quería escribir

Dende que foi declarado presidente dos EE.UU., Trump fixo tantas cousas ilegais que os xuíces non dan feito. Nas próximas eleccións da alcaldía de Nova York seguramente gañará o candidato socialista demócrata musulmán Mamdani. Este home é coma un oasis nesta ditadura. Espero que teña moita forza e paciencia porque Trump non o vai deixar respirar.

Proportion
Mara Mahía15 Xullo, 2025

Onde é Torre Pacheco?

Torre Pacheco está no empresario que deixou tirado na porta de urxencias un emigrante calcinado baixo a calor do plástico dun invernadoiro. Está no home que abusaba sexualmente das súas compatriotas a cambio de facilitarlles traballo no campo.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail