E se o Partido Nazi volviera a gañar en Alemaña? Vou imaxinalo.
Nas próximas eleccións en Alemaña, pronostícase un empate entre a esquerda e a dereita fascista, ata que un influínte grupo de feministas xudeas, (A Forza Das Mulleres Con Cona, AFDMCC) decepcionadas co último goberno socialista, deciden castigalo cunha papeleta haraquiri, regalando o seu voto ao Partido Nazi. Hai outras feministas, moitísimas, que están en total desacordo cas da AFDMCCpero, desafortunadamente, os seus votos non foron suficientes para deter a elección dun presidente fascista.
Grazas ao voto haraquiri de AFDMCC, os nazis volven ao poder mentres que os socialistas e toda a esquerda tratan de non culpar ás feministas xudeas. Estas, sen embargo, reinvindican o éxito da súa represalia contra a (segundo elas) pésima labor levada ao cabo polos socialistas. Felices de ter obtido a súa vinganza, durante un tiempo regocíxanse na forza e no poder que alcanzaron, capaces de cambiar radicalmente o curso progresista da historia do seu país.
Ao novo gobierno nazi a celebración das xudeas feministas lémbralles un pouco aquilo de «se non é miña, non é de ninguén» que algúns dos seus miembros berran ao darlle navallazos á moza, esposa, filla, nai, etcétera.
Durante un tempo, as feministas xudeas insisten en que nada cambiou e seguen dándose labazadas virtuais coa esquerda que tanto las decepcionou. Ata que, da noite á mañá, os cadáveres de mulleres comezan a aparecer polas avenidas de todo o país. Non obstante, ás xudeas feministas dálles un pouco o mesmo, porque as vítimas son féminas trans e, segundo AFDMCC, as únicas mujeres son as que teñen cona. É dicir, que, segundo elas, o número de mulleres vítimas de violencia de xénero familiar non ascende cos fascistas.
Pasa un tempiño máis e a impunidade da ditadura é xa descarada e nociva. As avenidas comezan tamén a cubrirse dos cuerpos violentados de lesbianas, gais, queers, emigrantes, refuxiados… Pero ás feministas xudeas séguelles dando o mesmo, porque a esquerda todavía non aprendeu que a situación presente é o resultado do seu desprezo á súa particular agenda feminista. O nazismo rampante é o premio que se gañou a esquerda inepta, é o voto de mamá-castigo, é o voto tamén de nena caprichosa, vingativa, teimuda e egoísta das alemás xudeas feministas, e iso é o único que a estas señoras (mulleres con cona) dese feminismo rancio, tan particular, lles importa. Son capaces de volver a queimar a todas as minorías do país ou á nación enteira (con dous ovarios!) con tal de reinvidicar sos seus peculiares dereitos.
E non lles conto máis porque ata a más ignorante saberá o que sucede despois. Só dicirlles que lles garantizo que ás mulleres, teñamos vaxina ou non, vánnos violar, abusar e matar con impunidade e moito máis rápidamente se o fascismo chega ao poder, aquí ou en Alemaña. E aínda que cada unha entenda o feminismo aá súa maneira, co fascismo e os dereitos humanos non se negocia nunca. Ogallá que o 23-X cada feminista vote o que lle dicte a súa conciencia.