Galicia express

Os viadutos reparados véñense abaixo cando estaban a piques de reinaugurarse. Os trens rápidos veñen, pero as frecuencias coas que circulan vánse igual de rápido. En Galicia, en cuestión de comunicacións, estamos como estabamos? Ou estivemos como pensabamos que iamos estar, pero deixamos de estalo? O caso é que entre autovías que se veñen abaixo, a A8 e a néboa, os servizos ferroviarios que se recurtan e a web de Renfe que segue coma sempre, o único que non parece ter problemas para deixarse caer por aquí cando lle peta é o regatista emérito. Diso – e das eleccións en Andalucía, como non podía ser doutra maneira– falan no podcast desta semana os tres de sempre, Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro. Pasen e escoiten.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail